Xurxo V de Hannover

Xurxo V, Rei de Hannover e 2º duque de Cumberland e Teviotdale, Georg Friedrich Alexander Karl Ernst August , nado en Berlín o 27 de maio de 1819 e finado en París o 12 de xuño de 1878, foi o único fillo do rei Ernesto Augusto I de Hannover, 1º duque de Cumberland, o quinto fillo de Xurxo III do Reino Unido, e da súa muller, a princesa Federica de Mecklenburgo-Strelitz. Era curmán da raíña Vitoria I. Foi o derradeiro soberano gobernante do efémero reino de Hannover e antecesor da rama xermana da casa de Hannover.

Xurxo V de Hannover
Nacemento27 de maio de 1819
Lugar de nacementoBerlín
Falecemento12 de xuño de 1878
Lugar de falecementoParís
SoterradoCapela de São Jorge
NacionalidadeReino de Hanôver e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Ocupaciónpolítico e compositor
PaiErnesto Augusto I de Hannóver
NaiFrederica de Mecklenburg-Strelitz
CónxuxeMaria de Saxe-Altenburg
FillosErnesto Augusto II de Hanôver, Frederica de Hanôver e Maria de Hanôver
IrmánsFrederica Guilhermina da Prússia, Carl zu Solms-Braunfels e Frederico da Prússia
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Ordem de Santo André, Orde da Xarreteira, Order of the Wendish Crown, Orde do Elefante, Ordem do Serafim, Ordem de Santo Alexandre Nevsky, Order of St. George, Order of Ernst August II, Knight Grand Cross of the Order of Saint Stephen of Hungary, Commander of the Order of Maria Theresa e Grand Cordon of the Order of Leopold
Na rede
IMSLP: Category:King_of_Hannover,_George_V WikiTree: Hannover-77 Find a Grave: 44830337 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Xurxo V de Hannover

Traxectoria editar

A súa Alteza Real o príncipe George Frederick Alexander Charles Ernest Augustus, naceu en Berlín. Orixinalmente ostentou o título de príncipe Xurxo de Cumberland e pasou a súa infancia en Berlín e Gran Bretaña. Perdeu a vista dun ollo durante unha enfermidade infantil e a do outro nun accidente en 1833. Despois da morte de Guillerme IV de Inglaterra e o ascenso ao trono da raíña Vitoria I de Inglaterra, a unión persoal de 104 anos dos tronos de Gran Bretaña e Hannover chegou ao seu fin debido á operatividade da lei sálica nos estados xermanos. O duque de Cumberland ocupou entón o trono de Hannover como o rei Ernesto Augusto I e o príncipe Xurxo de Cumberland converteuse en príncipe herdeiro de Hannover. Como descendente lexítimo da liña masculina de Xurxo III, seguiu sendo membro da familia real británica e era o segundo na liña sucesoria ao trono británico até o nacemento do primeiro fillo da raíña Vitoria, a princesa Vitoria, en 1841. Estando totalmente cego, houbo dúbidas sobre a capacidade do príncipe para acceder ao goberno de Hannover; pero o seu pai decidiu que estaba capacitado para o cargo.

Rei de Hannover editar

O príncipe herdeiro sucedeu ao seu pai como rei de Hannover e duque de Brunswick-Lüneburg, así como duque de Cumberland e Teviotdale, e conde de Armagh o 18 de novembro de 1851, asumindo o nome de Xurxo V. De seu pai e do seu tío materno, o príncipe Charles Frederick de Mecklenburgo-Strelitz (1785—1837), un dos homes máis influentes na corte prusiana, Xurxo aprendeu a ter un moi alto e autocrático punto de vista da autoridade real. Durante o seu reinado de 25 anos, tivo moitas disputas co Landtag de Hannover (o parlamento). Tendo apoiado a Austria na dieta da confederación alemá en xuño de 1866, refusou, contrariamente aos desexos do parlamento, aceptar a demanda prusiana dunha neutralidade sen armas durante a guerra austro-prusiana. Como resultado, o exército prusiano ocupou Hannover e o exército de Hannover rendeuse o 29 de xuño de 1866 e o rei e a familia real voaron cara á Austria. O goberno prusiano anexionou formalmente Hannover o 20 de setembro, pero o deposto rei nunca renunciou aos seus dereitos ao trono nin recoñeceu as accións prusianas. Desde o exilio en Gmunden, Austria, apelou en van aos grandes poderes europeos para que interviñesen nos asuntos de Hannover.

Familia e fillos editar

Xurxo casou o 18 de febreiro de 19843 en Hannover coa súa alteza real a princesa María de Saxonia-Altenberg (14 de abril de 1818-9 de xaneiro de 1907), a filla máis vella de Josef, duque de Saxonia-Altenberg, e a súa muller, a duquesa Amelia de Württemburg. O matrimonio deu como froito 3 fillos:

O rei Xurxo V morreu en París en xuño de 1878. Foi enterrado na capela de San Xurxo, no castelo de Windsor.