Xurxo Sincelo, ou Xurxo o Monxe, así polo seu oficio eclesiástico, foi secretario persoal (sincelo) do patriarca Tarasio e viviu a finais do século VIII e inicios do IX.

Infotaula de personaXurxo Sincelo
Biografía
Nacementoséculo VIII Editar o valor em Wikidata
Morte810 (>810) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador , escritor , filósofo , clérigo Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego medieval (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Traxectoria editar

É a principal fonte de coñecemento e transmisión da Aegyptiaca, ou Historia de Exipto de Manetón, na súa obra Ἐκλογὴ Χρονογραφίας συνταγεῖσα ῦπὸ Γεωργίον Μοναχοῦ Συγκέλλου γεγονότος Ταρασίον Πατριάρχον Κωνσταντινουπόλεως ἀπὸ Ἀδὰμ μέχρι Διοκλητιανοῦ, (Unha crónica selecta escrita por Xurxo Sincelo de Tarasio patriarca de Constantinopla, desde Adán ata Diocleciano), unha historia do mundo que partindo desde Adán chegaba ata a época do emperador Diocleciano.

Sincelo quería demostrar que Xesucristo nacera o ano 5.500 logo da Creación do Mundo, describindo, indirectamente, a historia de 31 dinastías exipcias que alcanzaban desde o Diluvio Universal ata os tempos de Darío I o Grande, servíndose dos epítomes de Manetón.

Dos seus textos só perduraron dous manuscritos, o do ano 1021, e o de París, o mellor de ambos.

Sincelo utilizou para compor a súa obra o epítome de Eusebio de Cesarea, citándoo, e posiblemente o de Xulio Africano, indirectamente, a través doutros manuscritos. Tamén debeu coñecer outras obras, consideradas pseudomanetonianas, como o Libro de Sozis e a Crónica Antiga.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Editio princeps di J. Goar (1652) in W. Dindorf, Bonn Corpus scriptorum hist. Byz., 1829.
  • H. Gelzer, Sextus Julius Africanus, ii. I (1885).
  • H. Gelzer. Sextus Julius Africanus und die byzantinische Chronographie, Leipzig 1898 (rist. Nova York, B. Franklin, 1967).
  • C. Krumbacher, Geschichte der byzantinische Litteratur, Múnic, 1897.
  • William Adler. Time immemorial: archaic history and its sources in Christian chronography from Julius Africanus to George Syncellus, Washington, D.C., Dumbarton Oaks Research Library and Collection, 1989.
  • Alden A. Mosshammer, ed., Georgii Syncelli Ecloga chronographica, Leipzig, Teubner, 1984.
  • William Adler, Paul Tuffin, translators. The chronography of George Synkellos: a Byzantine chronicle of universal history from the creation, Oxford, Oxford University Press, 2002.

Ligazóns externas editar