Xurxo II de Grecia

político grego

Xurxo II (en grego: Γεώργιος Β΄: , Geórgios II) nado o 19 de xullo de 1890, e finado o 1 de abril de 1947, foi o rei de Grecia dende 1922 até 1924 e dende 1935 até 1947. Era fillo primoxénito do rei Constantino I e de Sofía de Prusia, e membro da casa real de Glücksburg. Casou e posteriormente divorciouse da princesa Sabela de Romanía, sen ter descendencia.

Xurxo II
Rei dos helenos
Retrato de Xurxo II.

Reinado27 de setembro de 1922 – 25 de marzo de 1924
Nacemento19 de xullo de 1890
Tatoi, Reino de Grecia
Falecemento1 de abril de 1947 (56 anos)
Atenas, Reino de Grecia
SepulturaCemiterio real, Tatoi
PredecesorConstantino I (1º reinado)
Abolición da república (2º reinado)
SucesorProclamación da república (1º reinado)
Paulo (2º reinado)
Cónxuxe/sSabela de Romanía (m. 1921 – div. 1935)
ProxenitoresConstantino
Sofía de Prusia

Escudo de Xurxo II de Grecia
Na rede
WikiTree: Oldenburg-175 Find a Grave: 8079309 Editar o valor em Wikidata

Obrigado a abandonar o país despois do desastre bélico contra os turcos e as desavinzas co primeiro ministro Venizelos (1925), exiliouse en Londres. Puido restabelecer a monarquía en 1935 grazas á colaboración co xeneral Ioannis Metaxas e o estabelecemento dunha ditadura (1936-1941). Despois da ocupación alemá de Grecia, marchou a Creta e posteriormente a Exipto para acabar exiliándose en Londres (1941). Regresou a Grecia no ano 1946 despois da vitoria da opción monárquica no referendo do mesmo ano. Creou a Cruz de Voo 1945 como recoñecemento ós pilotos por accións de valor en voo durante a segunda guerra mundial.