María Xulia Clary (en francés, Marie Julie Clary, coñecida habitualmente como Julie Clary), nada en Marsella o 26 de decembro de 1771 e finada en Florencia o 7 de abril de 1845, foi a esposa de Xosé Bonaparte e raíña consorte de Nápoles desde 1806 a 1808, ano en que pasou a ser a raíña consorte do España, até 1813.[1] Porén, nunca chegou a vivir no país,[2] e foi alcumada polos españois como la reina intrusa.[3]

Xulia Clary
Raíña cosorte de España
Xulia Clary e as súas dúas fillas. Retrato de François Gérard

Reinado8 de xuño de 1808 - 11 de decembro de 1813
Nome completoMarie Julie Clary
Outros títulos
Nacemento9 de novembro de 1777
Marsella, Reino de Francia.
Falecemento7 de abril de 1845
Florencia, Gran Ducado de Toscana
SepulturaBasílica da Santa Cruz, Florencia
PredecesorMaría Luísa de Parma
SucesorMaría Isabel de Braganza
ConsorteXosé I
Descendencia
  • Xulia
  • Zenaida
  • Carlota
Casa realCasa de Bonaparte (por matrimonio)
ProxenitoresFrançois Clary
Françoise Rose Somis

Escudo de Xulia Clary
Armas da raíña Xulia
Na rede
WikiTree: Clary-582 Find a Grave: 27702150 Editar o valor em Wikidata

Primeiros anos editar

Xulia Clary era filla de François Clary, un rico comerciante de seda de Marsella (1725–1794) e da súa segunda esposa, Françoise Rose Somis (1737–1815). Era a irmá máis vella de Desideria Clary, que chegaría a ser raíña consorte dos reinos de Suecia e Noruega.[2][4]

Xulia sempre tivo unha actitude protectora cara a Desideria, á que levaba seis anos de idade.[2]

Xulia naceu na casa familiar, no número 70 da rúa Roma, nun barrio elegante de Marsella. Co estalido da Revolución francesa en 1789 os Clary pasaron por momentos de gran inseguridade. Os revolucionarios arrestaron ao seu pai e ao seu irmán.

 
Escudo da familia Clary.

A súa irmá Desideria sería clave para o seu encontro co seu futuro marido Xosé Bonaparte, o irmán máis vello de Napoleón, xa que aquela sería a noiva do futuro emperador, chegando incluso a comprometerse en 1795, até que Napoleón rompeu o compromiso para casar con Xosefina de Beauharnais.[2]

Xulia e Xosé casaron o 1 de agosto de 1794 na localidade de Cuges-les-Pins, no departamento de Bocas do Ródano.[2][5]

Tras o casamento a parella instalouse en Xénova, onde Xosé Bonaparte, xurista de profesión, traballou como avogado. A súa vida tranquila en Italia, que tanto agradaba a Xulia, sería breve, xa que Napoleón se apoiaría no seu irmán para a realización das súas ambicións políticas, e Xosé foi nomeado embaixador de Francia no Ducado de Parma e, posteriormente, en Roma. Durante as guerras napoleónicas a responsabilidade de Xosé Bonaparte acrecentouse.[2][4][5]

Mentres que a carreira política do seu marido alcanzaba cotas cada vez máis altas, Xulia Clary esforzábase en crear unha familia afastada do poder e da política internacional.

En 1796 nacería a primeira filla do matrimonio, Xulia, que falecería aos poucos meses do parto.
Cinco anos despois, en 1801, naceu a súa segunda filla, Zenaida, que chegaría a ser infanta de España e incluso, segundo algúns historiadores, princesa de Asturias, ao ser a filla máis vella dos reis.


En 1802 Xulia Clary daría a luz a súa terceira e última filla, Carlota, que chegaría a ser, aínda que por pouco tempo, raíña de Holanda, xa que casou co seu primo o príncipe Napoleón Lois Bonaparte, fillo de Lois Bonaparte.[1][2]

 
A coroación de Napoleón.

Xulia era, segundo parece, moi capaz de comportarse de acordo coa etiqueta da corte, pero prefería vivir unha vida privada rodeada da súa familia no seu castelo de Mortefontaine, no departamento de Oise (que comprara en 1800), afastada da corte, así como do seu adúltero cónxuxe.[6]

En 1804, cando o seu cuñado Napoleón se proclamou emperador, fixo ao seu irmán Xosé Príncipe Imperial, polo que Xulia foi Princesa Imperial.

Durante a coroación do emperador, Xulia foi encargada, coas súas cuñadas, de termar da cola da emperatriz Xosefina.[6]

Raíña de Nápoles editar

Napoleón nomeou a Xosé en 1806 rei de Nápoles (reino daquela denominado de Nápoles e Sicilia), función que desempeñaría durante dous anos,[2][5] polo que Xulia foi a súa raíña consorte. Porén prefiriu permanecer separada do rei, en Mortefontaine, aínda que cerimoniosamente foi tratada como raíña na corte imperial de París.[6]

Pero finalmente reuniuse con Xosé en Nápoles antes de abril de 1808, cando foi enviada alí por Napoleón para que o apoiase, xa que nese momento Xosé enfrontánase a unha rebelión. Cando abandonaron o reino, os napolitanos estaban convencidos de que levaran con eles moitos obxectos de valor e comentaban: "o rei chegou como un soberano e saíu como un bandido. A raíña chegou vestida con farrapos e saíu como unha soberana".[6]

Pese a que sempre se afirmou que a razón das reticencias da raíña a viaxar a Nápoles se debía ao seu mal estado de saúde, actualmente crese que á raíña Xulia lle chegaran rumores da existencia dunha amante do seu marido. Sexa como for, a estancia en Nápoles sería breve, xa que aos poucos meses Xosé Bonaparte sería nomeado por Napoleón rei de España.[2]

Raíña de España editar

 
A raíña Xulia e as súas fillas.

Tras a cesión do trono español a Napoleón por parte de Carlos IV en 1808, no surso das abdicacións de Baiona,[7] este cedeu a coroa de España a Xosé, que así se converteu en Xosé I de España e Xulia Clary, como consorte, na raíña Xulia, a primeira raíña española que carecía de sangue real. A raíña, como ocorrera outras veces, sacrificou a súa apracíbel vida familiar para desprazarse á convulsa España. Porén, a metade do camiño, concretamente en Lión, as noticias que chegaban desde Madrid falaban dunha revolta popular sen precedentes contra o invasor francés. O rei, preocupado pola seguridade da súa familia, decidiu que a raíña e as infantas se trasladaran a París mentres intentaba recuperar o control do país desde o Palacio de Montehermoso, en Vitoria, onde establecera a súa corte, despois da derrota de Bailén.[2][8]

A raíña Xulia, convertida en soberana española sen estar xamais en España, exerceu como tal unicamente desde a capital francesa. Pese a descoñecer ao pobo español, estivo en todo momento informada da situación no territorio español a través do embaixador Diego Fernández de Velasco, duque de Frías. Os ecos desde a capital do Reino eran en calquera caso máis que preocupantes. Pese a que o seu marido pretendeu reformar profundamente España, a contestación da cidadanía foi enorme. Ademais, a raíña tamén tivo que escoitarr innumerábeos murmuracións sobre os presuntos romances do rei en Madrid, entre eles os mantería coa condesa del Vado, a condesa de Jaruco ou a cantante de ópera Nancy Derjeux. Finalmente, en 1813 a situación en España chegou a ser insostíbel. Despois da derrota de Vitoria, o 21 de xuño de 1813, entre as tropas francesas, dirixidas polo mariscal Jean-Baptiste Jourdan, que escoltaban a Xosé Bonaparte na súa fuxida de España e un conglomerado de tropas británicas, españolas e portuguesas o mando de Arthur Wellesley, Duque de Wellington, Xosé pasou a Francia (levando un bo número de xoias e obras de arte españolas, entre as que se encontraban a mítica perla Peregrina e o non menos mítico brillante El Estanque, que acabarían en mans da raíña Xulia. Esta batalla trouxo como consecuncia a retirada definitiva das tropas francesas de España (con excepción de Cataluña), forzando a Napoleón a devolver a coroa do país a Fernando VII, mediante o tratado de Valençay, finalizando así a guerra da Independencia española.[3][8][9][10]

Despois da caída de Napoleón editar

 
O castelo de Prangins.

Durante a guerra da Independencia española, Xulia deu refuxio á súa irmá Desideria Clary que, polo seu matrimonio co príncipe Carlos, herdeiro de Suecia, que era en realidade un cidadán inimigo, así como á súa cuñada Catarina de Württemberg, na súa casa de Mortefontaine e, cando as tropas aliadas tomaron París en 1814, Xulia refuxiouse na casa de Desideria nesa cidade.[5]

Despois da deposición de Napoleón, Xulia comprou o castelo de Prangins, en Suíza, cerca do lago Léman.

En 1815, durante os Cen Días, Xulia foi a darlle a benvida a Napoleón no Palacio de París, co vestido da corte imperial, xunto á súa antiga fillastra Hortensia de Beauharnais, a esposa de Lois Bonaparte.[6]

Despois da batalla de Waterloo e a segunda e definitiva caída de Napoleón, Xosé comprou unha propiedad no estado de Nova Jersey, cerca do río Delaware, co produto da venda de pintura española roubada no Palacio Real de Madrid, e en varios castelos, mosteiros e casas de concellos.

En 1816, a súa irmá Desideria, que era princesa de Suecia, quixo levar a Xulia con ela ao seu regreso a Suecia; o seu marido Carlos, porén, pensou que isto era imprudente, porque Xulia era membro da familia Bonaparte e a súa presenza no país podería ser tomada como un signo de que el se puxera ao lado do deposto Napoleón e, ao final, non foi.

Últimos anos editar

 
Fachada da Basílica da Santa Cruz de Florencia.

Xulia foi coas súas dúas fillas a vivir a Frankfurt, onde permaneceu durante seis anos, separada do seu esposo franco-americano, onde intentou, malvendendo en non poucas ocasións o patrimonio que o seu marido furtara en España, refacer a súa vida co apoio das súas fillas, xa adultas.[2]

Máis tarde instalouse en Bruxelas e logo en Florencia, no Palacio Serristori. Non se relacionou con franceses. Foi descrita como encantadora, tranquila, digna e pacífica e xeralmente benquerida. En 1823, foi a Suecia canda a súa irmá Desideria, xa raíña de Suecia. En 1840 Xosé reuniuse con Xulia en Florencia. A pesar dos seu adulterios, referiuse a Xosé como "o meu amado esposo".

Xosé Bonaparte morreu o 28 de xullo de 1844 en Florencia, aos 76 anos de idade. Xulia faleceu na mesma cidade oito meses máis tarde, o 7 de abril de 1845, á idade de 73 anos. Foron enterrados xuntos na Basílica da Santa Cruz de Florencia.

Pero 17 anos máis tarde, en 1862, o autoproclamado emperador Napoleón III levou o restos de Xosé Bonaparte a Francia, e inhumounos nos Inválidos á dereita do seu irmán, o emperador Napoleón I.[11]

Os restos de Xulia aínda están na Basílica da Santa Cruz, ao lado dos da súa filla, Carlota, que morreu en Lucca o 3 de marzo de 1839, aos 37 anos de idade, ao dar a luz a un neno morto.[Cómpre referencia]

Descendencia editar

Xulia e Xosé Bonaparte tiveron tres fillas:[1]

Predecesor:
María Carolina de Austria
 
Raíña consorte de Nápoles e Sicilia

30 de marzo de 18065 de xullo de 1808
Sucesor:
María Carolina Bonaparte
Predecesor:
María Luísa de Parma
 
Raíña consorte de España e as Indias

6 de xuño de 180811 de decembro de 1813
Sucesor:
María Isabel de Braganza

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Darryl Lundy Xenealoxía de Juliet Marie Clary en The Peerage (en inglés).
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 Julia Clary, la Reina de España más desconocida Arquivado 20 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en tuotrodiario.hola.com (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Pérez Galdós, Benito (1976): El equipaje del rey José. Episodios Nacionales, 1ª serie, nº 11. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 978-84-206-5011-0. (Primeira edición, 1875).
  4. 4,0 4,1 Almén (1893), p. 79.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Lindwall, Lilly (1919): Desideria. Bernadotternas anmoder. Stockholm. Åhlén och Åkerlunds Förlag.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mansel, Philip (2015).
  7. Gazeta de Madrid de 14 de outubro pp. 1293.
  8. 8,0 8,1 Seis años bajo dominio francés Arquivado 22 de setembro de 2016 en Wayback Machine. en elcorreo.com (en castelán).
  9. Tucker, Spencer C. (2009): A Global Chronology of Conflict: From the Ancient World to the Modern Middle East. Santa Bárbara: ABC-CLIO, pp. 1097. ISBN 978-1-8510-9672-5.
  10. Vego, Milan N. (2009): Joint Operational Warfare: Theory and Practice. Government Printing Office, pp. 40 (parte V). ISBN 978-1-8847-3362-8.
  11. Lentz, Thierry (2016): Joseph Bonaparte. Pais: Éditions Perrin. ISBN 978-2-2620-4873-0.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Almén, Johannes (1983): Ätten Bernadotte: biografiska anteckningar. Stockholm: C. & E. Gernandts förlag.
  • Balansó, Juan (1992): Julia Bonaparte, reina de España. Reimpresión da 1ª ed. de 1991. Barcelona: Editorial Planeta. ISBN 978-84-3204-538-7.
  • Mansel, Philip (2015): The Eagle in Splendour. Londres: I.B. Tauris. ISBN 978-1-7845-3175-1.
  • Rubio, María José (2009): Reinas de España. Siglos XVIII al XXI. De María Luisa Gabriela de Saboya a Letizia Ortiz. Madrid: Editorial La Esfera de los Libros. ISBN 978-84-9734-804-1.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar