Xubuntu (IPA: /ˈzùbúntú/) é unha rama oficial derivada do sistema operativo de código aberto Ubuntu. Xubuntu emprega o contorno de escritorio Xfce, o cal está optimizado para ser máis lixeiro e rápido que outros contornos de escritorios (como GNOME ou KDE), conseguindo desta maneira facilitar a súa utilización nunha maior variedade de equipos.

Xubuntu
Xubuntu 23.04 "Lunar Lobster"
DesenvolvedorCanonical Ltd.
Familia de S.O.GNU/Linux
Lanzamento23 de xuño de 2006
Modelo de desenvolvementoSoftware libre
NúcleoLinux
Tipo de núcleoMonolítico
Última versión estable23.04 20 de abril de 2023
Sitio webXubuntu.org
Xubuntu 6.06

A primeira versión final de Xubuntu (Xubuntu 6.06) foi lanzada con Dapper Drake (nome en clave de Ubuntu 6.06 LTS).

Características principais fronte a Ubuntu editar

  • Emprega XFCE como escritorio en troques de GNOME, polo que o requisito de memoria RAM para executar a versión Live é inferior (128 MB).
  • Emprega Gnome Office en troques de OpenOffice.org.
  • Non dispón de tantas ferramentas gráficas como Ubuntu, aínda que se poden instalar.
  • Non conta cun servizo ShipIt.p

Historial de lanzamentos editar

Versión Nome Data de lanzamento
5.04 Hoary Hedgehog 8 de abril de 2005
5.10 Breezy Badger 13 de outubro de 2005
6.06 Dapper Drake 1 de xuño de 2006
6.10 Edgy Eft 26 de outubro de 2006
7.04 Feisty Fawn 19 de abril de 2007
7.10 Gutsy Gibbon 18 de outubro de 2007
8.04 Hardy Heron 24 de abril de 2008
8.10 Intrepid Ibex 30 de outubro de 2008
9.4 Jaunty Jackalope 23 de abril de 2009
9.10 Karmic Koala 29 de outubro de 2009
10.04 LTS Lucid Lynx 29 de abril de 2010
10.10  Maverick Meerkat 10 de outubro de 2010
11.04  Natty Narwhal     28 de abril de 2011
11.10  Oneiric Ocelot     13 de outubro de 2011
12.04 LTS Precise Pangolin    26 de abril de 2012
12.10  Quantal Quetzal    18 de outubro de 2012
13.04  Raring Ringtail    25 de abril de 2013
13.10 Saucy Salamander  17 de outubro de 2013
14.04 LTS Trusty Tahr   17 de abril de 2014

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar