Xosé Vázquez Pintor

profesor e escritor galego

Xosé Vázquez Pintor, nado en Melide o 30 de novembro de 1946, é un profesor e escritor galego.

Xosé Vázquez Pintor
Nacemento30 de novembro de 1946
 Melide
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e profesor de ensino secundario
XénerosPoesía, narrativa teatro e ensaio
PremiosPremio Esquío de poesía e Premio da Crítica de narrativa galega
Na rede
AELG: 259 Dialnet: 3060336
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Criado en Agolada, é licenciado en ciencias da educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi fundador dos grupos de Teatro Amador Ancoradouro-Mimo e Casa da Bola.[1] No 2008 foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. No 1972 comezou en Cangas de mestre de primaria en Cangas e rematou de profesor de secundaria en Pontevedra.[2][3]

Ten colaborado en diversos medios, como El Ideal Gallego, A Nosa Terra (socio fundador e colaborador en Deportes e Sociedade), Faro de Vigo, La Voz de Galicia, SER-Galicia ou Televisión do Morrazo.

Ten usado os pseudónimos Álvaro Carmoega e Pepe de Vila.[4]

75 apertas de buxo irmandadas para Pintor é un libro homenaxe publicado en 2022 por Fervenza (ISBN 978-84-18136-61-0).[5]

Obra editar

Poesía editar

Narrativa editar

Literatura infanto-xuvenil editar

  • Lume de biqueira (1999). Vigo: Xerais, Fóra de xogo. 280 páxs. ISBN 9788483023884.
  • A folla seca (2003). Santiago: Sotelo Blanco. 28 páxs. Ilustacións de María Lires. ISBN 9788478244195.
  • Asubío, Fina e Petra, xente moi lareta (2006). Everest Galicia. 84 páxs. Ilustracións de Andrés Meixide. ISBN 9788440305251.
  • Teatro do patacón. Os pés do vento (2008). Silleda: Edicións Fervenza. 26 páxs. Ilustracións de Manuel Fragoso. ISBN 84-96368-68-8.

Teatro editar

Ensaio editar

  • Os vellos oficios (1996). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 9788475079745. (sobre os oficios 1)
  • A tribo sabe (1999). Vigo: Xerais. 176 páxs. ISBN 9788483024034. (sobre os oficios 2)
  • Tal era vivir (2004). Vigo: Xerais. 168 páxs. ISBN 9788497821919. (sobre os oficios 3)
  • Palabras de papel: da miña terra e xente (2007). Anuario de Estudios e Investigación Deza (separata).
  • A Terra do Medio (viaxes literarias) (2009). A Nosa Terra. 70 páxs. ISBN 9788483413296.[10] Retrato intimista de seis municipios galegos.

Artigos xornalísticos editar

  • Columnas de papel (2013). Cangas: Edicións Morgante.
  • Columnas de papel 2 (1993-2012) (2014). Cangas: Edicións Morgante.

Obras colectivas editar

  • Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal.
  • II Festival da Poesía do Condado, 1982, S. C. D. Condado.
  • III Festival da Poesía no Condado, 1983, S. C. D. Condado.
  • IV Festival da Poesía no Condado, 1984, S. C. D. Condado.
  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • V Festival da Poesia no Condado, 1985, S. C. D. Condado.
  • VII Festival da Poesia no Condado, 1987, S. C. D. Condado.
  • XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado.
  • XIV Festival da Poesia no Condado, 1994, S. C. D. Condado.
  • XV Festival da Poesia no Condado, 1995, S. C. D. Condado.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Ediciós do Castro.
  • Longa lingua, 2002, Xerais.
  • Alma de beiramar, 2003, AELG.
  • Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, AELG.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais.
  • Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior.
  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG, libro electrónico.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • Dez anos de poesía nas Pontes, 2013, Galebook.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros, 2015, Concello de Pontevedra/Galaxia.
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.

Premios editar

  • Premio Eduardo Pondal no 1981, por Ofidios de diario.

Notas editar

  1. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-04-06. 
  2. "Xosé Vázquez Pintor Galegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-04-06. 
  3. "Xosé Vázquez Pintor". www.aelg.gal. Consultado o 2022-04-06. 
  4. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: v". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-04-06. 
  5. "Homenaje en Agolada el día 25 al escritor Xosé Vázquez Pintor". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-02-18. Consultado o 2022-04-06. 
  6. Nicolás, Ramón (2016-12-01). "Bicos, de Xosé Vázquez Pintor". Caderno da crítica. Consultado o 2022-04-06. 
  7. "«A memoria do boi», de Xosé Vázquez Pintor, retrata a vida da vella Pontevedra". La Voz de Galicia. 2002-04-23. Consultado o 2022-04-06. 
  8. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-04-06. 
  9. "Presentación de 'Teatro de Pintor', de Xosé Vázquez Pintor Erregueté". 2020-01-24. Consultado o 2022-04-06. 
  10. "«A terra do medio» de Pintor". La Voz de Galicia. 2009-11-07. Consultado o 2022-04-06. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar