Xosé Rodríguez Carballo

frade franciscano e arcebispo galego

Xosé Rodríguez Carballo, nado en Lodoselo (Sarreaus) o 11 de agosto de 1953[1], é un frade católico, pertencente á orde franciscana e bispo. O 18 de maio de 2013 foi ordenado bispo na Catedral de Santiago de Compostela polo Secretario de Estado do Vaticano, Tarsicio Bertone, e nomeado arcebispo titular de Belcastro[2]. A comezos de 2023 foi escollido arcebispo de Mérida - Badallouce.

Infotaula de personaXosé Rodríguez Carballo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Sarreaus, España Editar o valor em Wikidata
Arcebispo coadxutor Arquidiocese de Mérida-Badaxoz
14 de setembro de 2023 –
Arcebispo titular
18 de maio de 2013 –
← Julien Ries
Arcebispo católico
18 de maio de 2013 –
Gran Chanceler da Pontificia Universidade Antoniana
2003 – 2013
Ministro Xeral da Orde dos Frades Menores
2003 – 2013 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificio Instituto Bíblico
Studium Biblicum Franciscanum Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresbítero regular (1977–), sacerdote católico (1977–), profesor universitario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua latina e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Freires Menores Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónTarcisio Bertone Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata
Xosé Rodríguez Carballo.

Traxectoria editar

Despois de estudar nos seminarios de Zamora e de Santiago de Compostela, licenciouse en teoloxía bíblica en Xerusalén e en Santas Escrituras en Roma. Ordenouse como franciscano en 1971 e profesou solemnemente a orde en 1976. Ao ano seguinte foi ordenado crego polo papa Paulo VI en Roma.[3] Participou na tradución da Biblia ao galego traballando no Libro das Crónicas [4]. En 2003 foi elixido ministro xeral da orde (o seu cargo máis elevado), co que se converteu no 119º frade en facelo (dentro da orde dos frades menores, non na conventual).

Continuou no cargo ata que en 2013 o papa Francisco o nomeou arcebispo de Belcastro, unha pequena aldea da Calabria, cargo simbólico que acompaña a dignidade arcebispal. Ao mesmo tempo o papa designouno secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica, que vén sendo o equivalente a un ministro do goberno vaticano coa responsabilidade sobre a organización interna das ordes relixiosas e dos grupos de leigos[5].

A comezos de 2023, o papa Francisco designouno arcebispo de Mérida - Badaxoz, en substitución de Celso Morga. Tomou posesión do seu cargo o 25 de novembro de 2023[6].

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar