Xosé Ramón Pena

escritor galego

Xosé Ramón Pena Sánchez, nado en Betanzos o 27 de setembro de 1956, é un profesor e escritor en lingua galega.

Infotaula de personaXosé Ramón Pena

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de setembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Hispánica e galego portuguesa
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa e ensaio
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Bitraga: 2794 AELG: 57 Dialnet: 2576012

Traxectoria editar

Pasou a infancia e mocidade na Coruña. Licenciado[1] en filoloxía hispánica e galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, pola que é doutor en Filoloxía. Foi membro do colectivo Alén. Profesor na Universidade de Vigo e mais na de California (Santa Barbara), traballou como catedrático de lingua e literatura galega no IES Santa Irene de Vigo[2] ata a súa xubilación. Tamén impartiu aulas na UNED.

O seu labor ocupou os espazos da investigación na historia da literatura galega, na narrativa e no xornalismo. Dentro do primeiro deles, especializouse nos campos da literatura medieval e das vangardas galegas[3], estudando e editando a obra de Ramón Cabanillas, Luís Amado Carballo ou Manuel Antonio. É autor de títulos como Manuel Antonio e a vangarda, Xograres do mar de Vigo, Historia da literatura medieval galego-portuguesa, Historia da Literatura Galega (da que se levan publicado 4 volumes) ou -con Manuel Forcadela- Estudos sobre Os Eoas de Eduardo Pondal. Así mesmo levou a cabo o estudo e edición de Na noite estrelecida, Da terra asoballada, A esmorga e No desterro. Con Xosé María Dobarro realizou a edición da Poesía galega completa (2009) de Ramón Cabanillas.

Gañou o Premio Xerais (1987), o Premio Antón Losada Diéguez (1988 e 2017), o Premio Fervenzas Literarias (2015) e o Premio da Crítica Galicia (Investigación, 2015). Colaborou en xornais e revistas, e mantivo unha columna semanal no xornal Faro de Vigo no cal dirixiu, ademais, o suplemento cultural semanal "Faro da Cultura". Foi director da colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia.

Obra editar

Narrativa editar

Ensaio editar

Edicións editar

Obras colectivas editar

Premios editar

Notas editar

  1. "Xosé Ramón Pena". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2019. Consultado o 2019-03-17. 
  2. "Xosé Ramón Pena". www.aelg.gal. Consultado o 2019-03-17. 
  3. "Pena Sánchez, Xosé Ramón". www.xerais.gal. Consultado o 17/3/2019. 
  4. "Pena, Xosé Ramón". rinoceronte.gal. Arquivado dende o orixinal o 05-06-2020. Consultado o 20-2-2020.  Arquivado 05-06-2020 en Wayback Machine.
  5. "Fado de princesa". Editorial Galaxia. Consultado o 17-3-2019. 
  6. "«A batalla do paraíso triste», crítica en «Protexta». Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 24-09-2019. Consultado o 17-3-2019.  Arquivado 24-09-2019 en Wayback Machine.
  7. "Bio-psia". Tiago Alves Costa (en portugués). 2016-05-19. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-19.  Arquivado 19 de febreiro de 2022 en Wayback Machine.
  8. Nicolás, Ramón (16-12-2012). "Como en Alxeria, de Xosé Ramón Pena". Caderno da crítica. Consultado o 17-3-2019. 
  9. Requeixo, Armando (11-1-2016). "Hat trick". armandorequeixo.wordpress.com. Consultado o 20-2-2020. 
  10. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-09-07. 
  11. "Todas las vidas". Deconatus (en castelán). Consultado o 2022-04-28. 
  12. "Galaxia publica “En tempo de desconto”, o novo libro de Xosé Ramón Pena". Editorial Galaxia. 2022-04-06. Consultado o 2022-04-07. 
  13. Diario, Nós (2022-05-27). "Xosé Ramón Pena: "O escritor non debe depender demasiado do público lector"". Nós Diario. Consultado o 2022-05-27. 
  14. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 17-3-2019. 
  15. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 17-3-2019. 
  16. "Ficha de libro. Editorial Xerais". xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 12-03-2018. Consultado o 17-3-2019. 
  17. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 17-3-2019. 
  18. "Martín Codax e os xograres do mar de Vigo". casadellibro (en castelán). 9-11-2017. Consultado o 17-3-2019. 
  19. "O libro do fútbol". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-06-22. 
  20. Redacción (10 de xuño de 2017). "López y Pena reciben los premios Antón Losada de creación e investigación". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2022. 
  21. Cambados (2017-04-28). "Cambados premia al escritor Xosé Ramón Pena por sus trabajos sobre Cabanillas". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-05-02. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar