Xosé Manuel Cabada

poeta español

Xosé Manuel Cabada Vázquez, nado no lugar de Barro, parroquia de San Xurxo de Codeseda (A Estrada) o 6 de decembro de 1901 [1][2] e finado en Linares (Provincia de Xaén) o 2 de abril de 1936, foi un prosista, poeta e político galego, pertencente a Xeración de 1922, membro das Irmandades da Fala, do Partido Galeguista e do Seminario de Estudos Galegos.

Infotaula de personaXosé Manuel Cabada

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalXosé Manuel Cabada Vázquez
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1901 Editar o valor em Wikidata
Codeseda, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de abril de 1936 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Linares, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePeritonite Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepultura1936: Cemiterio de Linares
1962: Cemiterio de Codeseda 
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Relixióncatólica
Formación profesionalMaxisterio e Filosofía e Letras
EducaciónSeminario de Santiago
U. de Santiago de Compostela
Actividade
OcupaciónProfesor de ensino secundario
EmpregadorIrmandades da Fala, Partido Galeguista, SEG
Xénero artísticoProsa e poesía
Influencias
Influencias en
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Vagalumes
Familia
Cónxuxenon casou
Fillosnon tivo
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

De familia labrega, foi fillo de Manuel Cabada Prieto, natural de Marcenlos, e María Josefa Vázquez, de Barro. Xosé Manuel foi o segundo de tres irmáns. En 1918 entrou no Seminario de Santiago de Compostela ao mesmo tempo que estudaba Maxisterio e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Entrou en contacto co galeguismo e asistiu á V Asemblea das Irmandades da Fala (1923). En decembro de 1925 morreu a súa irmán Emilia. Durante tres anos residiu no segundo andar do Pazo de Raxoi, como preceptor dos Nenos de Coro da basílica compostelá, alí vivía tamén Ángel Amor Ruibal (no primeiro andar), que era o cóengo encargado do coro. Dese xeito Cabada Vázquez foi discípulo, confidente, amanuense e secretario de Amor Ruibal.[3] Xosé Manuel foi ordenado diácono en xuño de 1930 e en novembro morreu Amor Ruibal.[3] En 1931 saíu da Imprenta, Lib. e Enc. do Seminario C. o seu poemario Vagalumes ilustrado por Camilo Díaz Baliño. Tamén en 1931 ingresou no Partido Galeguista. Ese mesmo ano obtivo o título de licenciado en Filosofía e Letras en xuño, abandonou definitivamente a carreira eclesiástica e ingresou, a comezos de outubro, como profesor no Colexio xesuíta Apóstolo Santiago de Teis, Vigo, onde coincidiu con Xesús Ferro Couselo. Asinou o 25 de outubro de 1931 o manifesto Afirmación Católica dun Grupo de Nacionalistas.

Colaborou en El Emigrado, A Nosa Terra, Vida Gallega, Céltiga e Nós onde publicou varios poemas: "Na fala gallega", "O botafumeiro", "San Francisco pregando ós paxariños", "Festa en San-Iago"…[2]

Foi director dun instituto en Medina de Rioseco (Valladolid) en 1933, e trasladouse en 1934, tamén como director e profesor de latín, a outro de Linares (Xaén), onde compartiu aulas con Carmen Sierra Domínguez. Alí morreu prematuramente por mor dunha peritonite en 1936, antes de casar coa súa noiva a farmacéutica andaluza María Luisa López Jiménez.[3]

Vinte e seis anos despois, en 1962, os seus restos foron trasladados á súa Codeseda natal.[4]

Obra editar

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar