Xosé Lois García Fernández

escritor galego

Xosé Lois García Fernández, nado en Merlán (Chantada)[1] o 22 de abril de 1945, é un escritor galego.

Infotaula de personaXosé Lois García Fernández

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de abril de 1945 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Merlán, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

AELG: 548 Dialnet: 622619

Traxectoria editar

Con vinte anos pasou a vivir a Barcelona, onde traballou de obreiro da metalurxia na SEAT e estudou varios cursos de socioloxía no Instituto de Ciencias Sociais e Políticas que, máis tarde, abandonou para ingresar na Universidade de Barcelona da que é licenciado en Filosofía e Letras (sección de Historia). Foi Director do Arquivo Histórico Municipal e Responsable de Patrimonio HIstórico de Sant Andreu de la Barca (Barcelona).[2] Fundador do “Centre d’Estudis Joan Falguera” de Sant Andreu de la Barca, e da “Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada”.

Desenvolveu diversos labores na divulgación da cultura galega en Cataluña. Autor de diversas publicacións de historia, ensaio, teatro, literatura infantil e sobre a simboloxía románica na Ribeira Sacra. Crítico de arte e literatura, conferenciante, articulista en varias publicacións de Galiza, España e do estranxeiro. Foi correspondente da revista portuguesa Nova Renascença. Articulista da prensa catalá: revista Canigó e Historia y Vida e nos xornais: Avui e Mundo Diario. Participou nas revistas portuguesas: Quadernos do Tâmaga!, Anto e Saudade, Colóquio & Letras. Columnista semanal do xornal O Correo Galego, Galicia Hoxe, A Nosa Terra e Sermos Galiza.[3]

Especialista da literatura de expresión portuguesa en África (a este continente viaxou en numerosas ocasións) e autor de antoloxías poéticas de Portugal, Galicia, Mozambique, Angola, Guinea-Bissau, Macau e o Brasil. Tamén é antólogo e tradutor. A súa obra a compoñen mais de cincuenta libros publicados sobre diversas temáticas en galego, portugués e catalán. Ten realizado varias viaxes a África e América. Investigador sobre a obra de Agostinho Neto, o primeiro presidente de Angola, e doutros autores. Ten escrito numerosos prólogos sobre autores de poesía. É membro de honor da União dos Escritores Angolanos.

Obra editar

Poesía editar

  • Cancioneiro de Pero Bernal, 1972.
  • Abrilsonetos, 1974.
  • Borralleira pra sementar una verba, 1974, Xistral.
  • Non teño outra cantiga, 1975, edición do autor, Barcelona.
  • Do Faro ao Miño, 1978, Ediciós do Castro.
  • Aquarium, 1982, Ediciós do Castro.
  • Materia Corporal (1986).
  • Os indícios do sol, 1988, Oficinas de Trabalho Protegido da APPACDM, Braga.
  • Tempo precario (1972-1987), 1988, Ediciós do Castro.
  • Labirinto incendiado, 1989, Edições do Tâmega, Amarante.
  • Paixón e rito, 1993, Sons Galiza.
  • Círculo de luz e xisto, 1994, Espiral Maior.
  • Rosto incompleto, 1996, Espiral Maior.
  • Falo de Baco, 1998.
  • Sambizanga, 1999, Ediciós do Castro.
  • O som das águas lentas, 1999.
  • Kalendas, 2005, Xerais.
  • Do Faro ao Miño 2 (2005)
  • No imo do tempo, 2007, Toxosoutos.
  • Pórticos do gozo (poemas a Pantón), 2008, Toxosoutos.
  • Poemas pornofálicos, 2009, Toxosoutos.
  • Petroglifia (poemas a Sober), 2010, Toxosoutos.
  • Por ninguén aloumiñada. Poesía completa 1972-2005, 2011, Toxosoutos.
  • No sangue dos bardos. Poesía completa 2005-2009, 2011, Toxosoutos.
  • Tedempo, 2012.
  • Remitencias, 2013, Asociación Cultural Xermolos.
  • No soño dos ollos (2017).
  • O mar vai en nós (haikais) (2022). 20 poemas sobre o Prestige. Ilustracións de Xosé Randolfe Vilariño.[4]
  • Cancioneiro profano (2023). Silleda: Fervenza. 102 páxs. ISBN 978-84-19840-06-6. Ilustracións de Xosé Randolfe Vilariño.[5]

Ensaio editar

Narrativa editar

  • Xente de inverno: contos, 1995, Ediciós do Castro.

Teatro editar

  • A proclama (1996). Cadernos de Teatro.
  • A cerna (2013)
  • Conversa de Manuel María e Xohán de Requeixo no monte Faro, entre as néboas do tempo (2016)
  • O proceso a Lucía Fidalgo (2017)
  • Auto do demo e da viñateira (2017)
  • Teatro completo (1996-2019) (2019). Ed. de Autor. ISBN 978-84-09-14183-8. Estudo preliminar de Elza Hauresku.
  • Unha cunca de caldo quente (2022). Fervenza ed.

Edicións editar

  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • Rosalírica: (homenaxe de 27 poetas portugueses a Rosalía no centenario de súa morte), 1985, Ediciós do Castro.
  • Cantares d'amor e d'amigo, de Carles Riba, 1990, Ediciós do Castro.
  • Nova Galiza, 1990, Ediciós do Castro. Edición facsimilar.
  • Floriram cravos vermelhos: antología poética da expressão portuguesa em África e Ásia, 1993, Espiral Maior.
  • Nacionalismo e Cultura, de Amílcar Cabral, 1999, Laiovento.
  • Homenagem a Angola no XXV aniversário da súa independência nacional (1975-2000), 2001, Ediciós do Castro.
  • Cadernos poéticos dun emigrante galego en Cuba, de Domingo Campio Devesa Naveiro, 2004, Ediciós do Castro.
  • Antoloxía dos poetas galegos en Cuba, 2008, Toxosoutos.
  • Antoloxía poética da Escola Labrega luguesa. De Leiras Pulpeiro a Uxío Novoneyra, 2013, Fundación Uxío Novoneyra.

Literatura infanto-xuvenil editar

  • A figueira lingoreteira, 1996, Ediciós do Castro. Poesía.
  • A mulemba que fala, 2006, Everest Galicia. Narrativa.
  • A feira do cinco, 2009, A Fervenza. Teatro.
  • A idade do orballo, 2009, Everest Galicia. Narrativa.
  • O reloxo de Merexildo, 2009, A Fervenza. Teatro.
  • Labyrinthus, 2010, Everest Galicia. Narrativa.
  • Mirafentos, 2010, A Fervenza. Teatro.
  • Do A ao Z con... Manuel María, 2011, Everest Galicia. Ensaio.

Traducións editar

Obras colectivas editar

  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Ediciós do Castro.
  • Alén do azul (unha ducia de poetas galegos en Catalunya), 1999, Ediciós do Castro.
  • Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, 2003, Edicións do Cumio.
  • Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003.
  • Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.

Obra en catalán editar

Poesía editar

  • Cruïlles de Sant Andreu de la Barca (2006)

Teatro editar

  • Desguiament de guiats (2014)

Traducións editar

  • El problema de les nacionalitats ibèriques (antologia de "Sempre en Galicia"), de Castelao, 1983, Edicions 62.

Ensaio editar

  • Tot descobrint Sant Andreu de la Barca (1999)
  • Imatges i records de Sant Andreu de la Barca (1999)
  • Efemèrides històriques de Sant Andreu de la Barca (2000)
  • Recull enciclopèdic de Sant Andreu de la Barca (2001)
  • La Societat El Casino de Sant Andreu de la Barca (2002)
  • La pagesia a Sant Andreu de la Barca (2004)
  • Els alcaldes de Sant Andreu de la Barca del segle XX (2005)
  • L'alcalde Joan Falguera i Estapé. Vida i obra (2005)
  • Guia del patrimoni arquitectònic de Sant Andreu de la Barca (2006)
  • Constitució del Consell de Jurats de Sant Andreu de la Barca (1594) (2006)
  • L'ahir i l’avui de Sant Andreu de la Barca (2007)
  • L'emigració de Sant Andreu de la Barca a Xile (2008)
  • La nostre gent (Sant Andreu de la Barca) (2009)
  • Cròniques de Sant Andreu de la Barca (2012)

Obra en castelán editar

Traducións editar

  • Poemas a la madre Africa (antología de la poesía angolana del siglo XX), 1992, Ediciós do Castro.
  • Antologia da poesia brasileira = antología de la poesía brasileña, 2001, Laiovento.

Premios editar

Notas editar

  1. Fernández del Riego, F. (1992): Diccionario de escritores en lingua galega. Ed. do Castro, 2ª edición. Páx. 169.
  2. "Xosé Lois García Fernández. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-10-26. 
  3. "Xosé Lois García". www.aelg.gal. Consultado o 2019-10-26. 
  4. asociacionescritoras-es. "O mar vai en nós (haikais) Axenda cultural AELG::". Consultado o 2022-11-06. 
  5. "Cancioneiro profano". Edicións Fervenza. Consultado o 2023-10-06. 
  6. Mariño Davila, Esperanza (xullo, agosto, setembro 2021). "Alefato... o orgullo da herdanza hebrea". Grial LIX (231): 118–119. ISSN 0017-4181. 
  7. martinho. "Presentación do libro “Achegas á simboloxía do románico da Ulloa”, de Xosé Lois García, en Antas de Ulla Culturalia GZ" (en castelán). Consultado o 2022-07-22. 
  8. "Xusto Beramendi y Xosé Lois García, Premios Pedrón de Ouro y de Honra 2008". www.elprogreso.es (en castelán). Consultado o 2019-10-26. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Xosé Lois García: Coloquio homenaxe. Chantada, 13 e 14 de agosto de 2005, 2006, Ajuntament de Sant Andreu de la Barca, Barcelona.
  • A letra e o ar: palabra-liberdade na poesía de Xosé Lois García, de Andityas Soares de Moura, 2009, Toxosoutos.

Ligazóns externas editar