Xosé II de Habsburgo

Xosé II (nome completo Joseph Benedikt Anton Michael Adam), nado o 13 de marzo de 1741 no Pazo de Schönbrunn (Austria) e finado o 20 de febreiro de 1790 en Viena (Austria), foi Emperador do Sacro Imperio Romano entre 1765 e 1790 e rexente das posesións dos Habsburgo entre 1780 e 1790.

Xosé II de Habsburgo
Emperador do Sacro Imperio Romano
18 de agosto de 1765
20 de febreiro de 1790
PredecesorFrancisco I
SucesorLeopoldo II
Rei de romanos
27 de marzo de 1764
20 de febreiro de 1790
Coroación3 de abril de 1764, Frankfurt
PredecesorFrancisco I
SucesorLeopoldo II

Nacemento13 de marzo de 1741
Pazo de Schönbrunn (Austria)
Falecemento20 de febreiro de 1790 (48 anos)
Viena (Austria)
Cónxuxe/sIsabella de Parma
María Xosefa de Baviera
Casa realCasa de Habsburgo
ProxenitoresFrancisco I do Sacro Imperio Romano Xermánico
María Tareixa de Austria

Na rede
Musicbrainz: 9a4022b7-142b-42d8-83d9-302640971c8d WikiTree: Habsburg-Lothringen-18 Find a Grave: 7178 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Xosé foi o fillo máis vello da arquiduquesa María Tareixa e do emperador Francisco I, e irmán de María Antonieta raíña de Francia, así como do que sería o seu sucesor Leopoldo II. Foi elixido Rei de romanos en 1764 e Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico en 1765. Comezou a reinar xunto á súa nai pero non obtivo o goberno efectivo ata a morte desta en 1780 á que sucedeu como rei de Hungría e de Bohemia.

 
Xosé II (dereita) co seu irmán Leopoldo, entón Gran Duque de Toscana, en 1769.
 
Festa organizada para celebrar o matrimonio do emperador Xosé II coa princesa Xosefa de Baviera o 23 de xaneiro de 1765. Obra de Johann Georg Weikert. O irmán de Xosé II, o arquiduque Maximiliano interpreta a Cupido, o arquiduque Fernando ao noivo e a arquiduquesa María Antonieta á noiva.

Considérase un dos representantes do despotismo ilustrado, gobernou apoiado e influído polo seu chanceler de Estado Kaunitz. Mostrou interese polas ideas enciclopedistas. Intentou modernizar, impulsar e racionalizar o funcionamento da administración cun programa de reformas co obxectivo de construír un Estado unitario centralizado co alemán como lingua administrativa.

Iniciouse unha política de liberalización comercial, fomentouse o desenvolvemento da "industria" e unificouse o sistema fiscal, iniciativas baseadas en ideas mercantilistas coas que se tratou de impulsar a economía. Aboliu a servidume e as corporacións ao dar garantías aos campesiños sobre a propiedade permitindo a súa emancipación. Púxose fin ás prestacións de traballo entre campesiños, sentou as bases da tolerancia relixiosa ao poñer fin ás persecucións de ortodoxos e protestantes, mellorouse e secularizou a educación e creáronse novas universidades. Durante a Primeira Repartición de Polonia, en 1772, anexionou Galitzia aos dominios dos Habsburgo en contra da opinión da súa nai.

O 29 de novembro de 1780 subiu ao trono húngaro trala morte da súa nai María Teresa. Con todo, pola súa propia decisión, José II non se fixo coroar e tampouco fixo o xuramento do monarca ante os húngaros. Deste xeito non estaba comprometido a respectar as leis que protexían aos húngaros do poder absoluto do monarca de quenda. Ante isto, foi alcumado "O rei Asombrerado " (en húngaro "kalapos király"), posto que non usou a coroa húngara senón só chapeus.

Pronto estendeu a súa influencia sobre os reinos baixo o seu control e levou a cabo reformas educativas e eclesiásticas, e en 1784 ordenando que o idioma alemán fose a lingua oficial en Hungría,[1] o que xerou gran descontento entre a nobreza e campesiñado húngaro. José II enfrontouse a suecos e otománs. A estes últimos, en 1785, arrebatoulles Bukovina. Ideou a anexión de Baviera pero a resistencia de Prusia e o resultado da Guerra de sucesión bávara impedíronllo. Estreitou as relacións con Rusia á que apoiou fronte a Turquía nunha guerra na que o territorio austríaco foi invadido.

Foi contemporáneo de Wolfgang Amadeus Mozart, o soado compositor. Así mesmo Beethoven escribiu a cantata auf dean Tod Kaiser Josephs II na súa memoria.

Matrimonio e fillos editar

Xosé II casou en dúas ocasións:

A primeira coa princesa Isabel de Borbón-Parma, filla do duque Filipe I de Parma e da princesa Luísa Isabel de Borbón, de quen estivo profundamente namorado e coa que tivo dúas fillas:

  • María Teresa de Habsburgo (1762-1770). Morreu de pneumonía con sete anos; a súa morte afectou profundamente ao seu pai ata a súa propia.
  • Cristina de Habsburgo (*/? 1763). Naceu prematura e morreu pouco logo do seu nacemento.A súa nai faleceu pouco logo do seu nacemento por complicacións do parto.

Tralo falecemento de Isabel, a súa primeira esposa, casou coa súa curmá Xosefa de Baviera (1739-1767), filla de Carlos Alberto, elector de Baviera e da arquiduquesa María Amelia (unha curmá de María Tareixa I de Austria). A este segundo matrimonio accedeu de moi mala gana e preferise casar coa infanta María Luísa de Parma, irmá máis nova da súa falecida Isabel, pois se lle parecía fisicamente, pero esta xa se atopaba comprometida co futuro Carlos IV de España. Non tiveron fillos.

Como a Xosé II non lle sobreviviron fillos varóns sucedeulle o seu irmán Leopoldo II.

Notas editar

  1. Votruba, Martin. "The Law on the German Language in Administration" (PDF). Slovak Studies Program. University of Pittsburgh. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xuño de 2010. Consultado o 19 de xullo de 2010. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Predecesor:
Xosé I
Rei de romanos
1764 - 1765
Sucesor:
Predecesor:
Francisco I
Emperador electo do Sacro Imperio Romano xermánico
 

1765 - 1790
Sucesor:
Emperador Leopoldo II
Predecesor:
María Tareixa
Rei de Hungría e Bohemia
Arquiduque de Austria e duque de Milán

1780 - 1790
Sucesor:
Leopoldo II