Xosé Cid Cabido

profesor e escritor galego

Xosé Cid Cabido, nado en Xunqueira de Ambía o 29 de decembro de 1959, é un escritor e profesor galego.

Xosé Cid Cabido
No pregón da XXXVI Feira do Libro de Vigo.
Nacemento29 de decembro de 1959
Lugar de nacementoXunqueira de Ambía
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónEscritor e profesor
XénerosNarrativa e teatro
Coñecido porDías contados, Grupo abeliano, Blúmsdei, Unha historia que non vou contar e Panificadora
EstudosEconómicas e de Filoloxía Hispánica
PremiosPremio Blanco Amor e Premio Blanco Amor
Na rede
Bitraga: 3159 Dialnet: 1695929
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi militante de ERGA e da AN-PG e un dos fundadores da organización asemblearia Galicia Ceibe-OLN. Pertenceu á organización armada da esquerda independentista galega Loita Armada Revolucionaria e foi preso en setembro de 1980.[1] Posteriormente foi indultado en 1983 tras unha petición ó goberno do PSOE.[2]

Cursou estudos de Económicas e de Filoloxía Hispánica na USC, e licenciouse en Filoloxía Galega. Foi membro da redacción da revista Espiral a comezos dos anos oitenta e colaborador de A Nosa Terra nos anos noventa, traballou como redactor e guionista ocasional de programas da TVG como Sitio Distinto (1990-1991), ademais de en Edicións Xerais, como director da colección Ferros. O 31 de maio de 2014 foi elixido en listas abertas como o portavoz de Anova - Irmandade Nacionalista en Vigo.[3]

En xullo de 2018, converteuse en profesor de ensino medio de Lingua e Literatura galega por oposición.[4]

Obra editar

Narrativa editar

Teatro editar

Obras colectivas editar

  • Sede Central. Relatos 2, 1990, Clube Cultural Adiante.
  • Materia prima, 1992, Xerais.
  • Luís Seoane, 1910-1979. Unha fotobiografía, 1994, Xerais.
  • From the beginning of the sea (De onde comeza o mar), 2008, Foreign Demand.
  • A semente da nación soñada. Homenaxe a X. L. Méndez Ferrín, 2009 Sotelo Blanco Edicións.
  • Antón Reixa. Ghicho distinto, con Manuel Xestoso, 2012, Xerais.

Premios editar

Notas editar

  1. Despois incluída, co número 103, na Biblioteca Galega 120.
Referencias

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar