Xogos Olímpicos de 1932
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2015.) |
Os Xogos Olímpicos de 1932 tiveron lugar nos Ánxeles (California) entre o 30 de xullo e o 14 de agosto, coa participación de 1.332 atletas (1.206 homes e 126 mulleres), representando 37 países, en 17 modalidades deportivas.
Sede | Os Ánxeles, Estados Unidos |
---|---|
Nacións | 37 |
Atletas | 1 332 (1 206 homes, 126 mulleres) |
Eventos | 117 en 14 deportes (20 disciplinas) |
Apertura | 30 de xullo de 1932 |
Clasura | 14 de agosto de 1932 |
Inaugurado por | Vicepresidente Charles Curtis[1] |
Estadio | Los Angeles Memorial Coliseum |
Historia editar
Após case tres décadas en Europa, os Xogos Olímpicos atravesaron o océano Atlántico e América até a soleada California, a única rexión do país que sobrelevara economicamente a Gran Depresión tralo crack de 1929. Por causa da distancia, o número de participantes foi menor que nos anteriores, mais os Xogos tiveron unha gran calidade técnica, coa superación de 18 récords mundiais, e sendo introducido o límite máximo de tres competidores por país nas probas individuais, regra que perdura até os nosos días.
Nos Ánxeles foi construída a primeira vila olímpica verdadeira da historia, composta de setecentos chalés e disposta nunha área adxacente ó monumental estadio Memorial Colyseum, sede dos Xogos. Os organizadores tamén introduciron nestes Xogos os máis modernos servizos de cronometraxe e fotografía electrónica da chegada da época, construíron a máis espectacular e veloz pista de atletismo do mundo, e crearon un proceso rápido e profesional de divulgación dos resultados para a prensa, alén da transmisión simultánea de toda a competición por dúas emisoras de radio.
Todos os eventos foron disputados no prazo de dúas semanas sen interrupción, o que a partir deste momento guiaría o sistema de disputa dos Xogos Olímpicos.
Modalidades disputadas editar
Cadro de medallas editar
Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Estados Unidos | 41 | 32 | 30 | 103 |
2 | Italia | 12 | 12 | 12 | 36 |
3 | Francia | 10 | 5 | 4 | 19 |
4 | Suecia | 9 | 5 | 9 | 23 |
5 | Xapón | 7 | 7 | 4 | 18 |
6 | Hungría | 6 | 4 | 5 | 15 |
7 | Finlandia | 5 | 8 | 12 | 25 |
8 | Reino Unido | 4 | 7 | 5 | 16 |
9 | Alemaña | 3 | 12 | 5 | 20 |
10 | Australia | 3 | 1 | 1 | 5 |
Notas editar
- ↑ "Factsheet - Opening Ceremony of the Games f the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 13 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xogos Olímpicos de 1932 |