Xoana de Évreux, nada en Évreux en 1310 e finada en Brie o 4 de marzo de 1371, foi raíña consorte de Francia e Navarra (1325 - 1328).

Xoana de Évreux
Nacemento1310
Lugar de nacementoÉvreux
Falecemento4 de marzo de 1371
Lugar de falecementoBrie-Comte-Robert
SoterradaBasílica de Saint-Denis
NacionalidadeReino de Francia
Relixióncristianismo
Ocupaciónrealeza
PaiLois de Évreux
NaiMargarida de Artois
CónxuxeCarlos IV de Francia
FillosBranca de França e Marie of France
IrmánsCharles d'Évreux, Filipe III de Navarra, Marie d'Évreux e Marguerite d'Évreux
Na rede
WikiTree: Evreux-7
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Filla do conde Lois de Évreux e Margarida de Artois. Era neta pola liña paterna do rei Filipe III de Francia e María de Brabante e pola liña materna de Filipe de Artois e Branca da Bretaña. Era irmá do rei Filipe III de Navarra. Casou en Brie o 5 de xullo de 1325 co rei Carlos IV de Francia, sendo a súa terceira esposa. Desta unión naceron:

Foi coroada raíña o 11 de maio de 1326 na Sainte-Chapelle de París.

En 1326 deu a luz a unha filla, que viviu só un ano. Ao ano seguinte, trouxo ao mundo unha nova filla. De novo embarazada á morte do rei, 1 de febreiro de 1328, continuou a incerteza sobre a sucesión masculina do reino. Por fin deu a luz unha nova filla. Coa Lei sálica prevalecendo no Reino, estes nacementos provocarán o fin da rama principal e directa da dinastía Capeto para iniciar a dinastía Valois.

Xoana de Évreux morreu en Brie en 1371 e foi enterrada xunto ao seu marido na catedral de Saint Denis en París.

O Libro de horas de Xoana de Évreux, de Jean Pucelle que se conserva no museo The Cloisters de Nova York, é unha das obras mestras da miniatura medieval.

Véxase tamén editar