Xoana I de Borgoña

Xoana I de Borgoña, nada en 1191 e finada en 1205, nada Xoana de Hohenstaufen, foi condesa de Borgoña dende os 9 anos ata a súa morte aos 14 anos.

Xoana I de Borgoña
Nacemento1191
Falecemento1205
Lugar de falecementoBesançon
SoterradaCatedral de San Xoán de Besançon
Ocupaciónpolítica
PaiOtón I de Borgoña
NaiMargarida de Blois
IrmánsMary, Countess of Blois e Beatrice II, Countess of Burgundy
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu en 1191. Era filla do conde Odón I de Borgoña e de Margarida de Blois (1170-1230) (filla do conde Teobaldo V de Blois e Chartres e de Alix de Francia (á súa vez filla do rei Lois VII de Francia). No mesmo ano do seu nacemento, pero máis tarde, naceu a súa irmá Beatriz II de Borgoña (1191-1231). O 13 de xaneiro de 1197 o seu pai foi asasinado en Besançon aos 32 anos e Xoana sucedeuno como condesa palatina de Borgoña cando só tiña 9 anos.

Morreu en 1205 cando só tiña 14 anos. A súa irmá Beatriz II de Borgoña sucedeuna xunto co seu marido o duque Odón I de Andechs e Merania (1180-1234) que foi recoñecido conde como Odón II de Borgoña.