Xoán I de Francia

Xoán I de Francia e Navarra o Póstumo, nado no Palacio do Louvre (París) o 15 de novembro de 1316 e finado no mesmo lugar o 19 de novembro dese mesmo ano, foi rei de Francia e Navarra (1316).

Infotaula de personaXoán I de Francia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Jean Ier de France Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1316 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte20 de novembro de 1316 Editar o valor em Wikidata (< 1 ano)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor em Wikidata
Rei de Francia
14 de novembro de 1316 – 19 de novembro de 1316
← Lois X de FranciaFilipe V de Francia →
Rei de Navarra
14 de novembro de 1316 – 19 de novembro de 1316
← Lois X de FranciaFilipe V de Francia → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei de Francia
Rei de Navarra Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía dos Capetos Editar o valor em Wikidata
PaisLois X de Francia Editar o valor em Wikidata  e Clemência da Hungria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsXoana II de Navarra Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
Filho póstumo (pt) Traducir
morte infantil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Capet-667 Find a Grave: 21081 Editar o valor em Wikidata
Xoán I o Póstumo

Traxectoria editar

Orixes familiares editar

Naceu no Palacio do Louvre de París o 15 de novembro de 1316, sendo o único fillo masculino do rei Lois X de Francia e da súa segunda esposa Clemencia de Hungría. Era neto pola liña paterna de Filipe IV de Francia e da raíña Xoana I de Navarra e por liña materna de Carlos I de Hungría. Era irmán, por parte do pai, da raíña Xoana II de Navarra.

Fillo póstumo editar

Xoán I naceu en novembro, cinco meses despois da morte do seu pai. Á morte do seu pai, estableceuse a rexencia do seu tío Filipe de Francia, á espera de ver o sexo do recentemente nado e cederlle os dereitos reais, sempre que fose un fillo varón, ou de escoller un novo monarca, no caso de que se tratase dunha muller, que non podía reinar en Francia con cargo á Lei sálica.

Desde o momento en que naceu foi nomeado rei de Francia, pero morreu o 19 de novembro no palacio do Louvre, despois de cinco días do seu nacemento. Sucedeuno o rexente e tío de Xoán I, Filipe V de Francia.

Pretensións ao trono editar

A súa irmá máis vella, Xoana de Navarra, disputoulle o trono ao seu tío. Segundo a lei sálica, non podía reinar en Francia, pero si no Reino de Navarra, polo que invocou os seus dereitos sobre Navarra. Tamén invocou a Lei feudal, pola que si que podían reinar as mulleres.

Malia as súas reclamacións sobre Navarra, tivo que esperar á morte dos seus tíos Filipe V e Carlos IV de Francia para acceder ao trono navarro.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar