Xoán IV Ducas Láscaris

Xoán IV Láscaris, nado en Nicea o 25 de decembro de 1250 e finado en 1305, tiña só oito anos cando foi nomeado emperador do Imperio de Nicea en 1258, á morte do seu pai Teodoro II Láscaris.

Xoán IV Ducas Láscaris
Nacemento25 de decembro de 1250
Lugar de nacementoİznik
Falecemento1305
NacionalidadeImperio Bizantino
RelixiónCristianismo ortodoxo
Ocupacióngobernante
PaiTeodoro II Láscaris
NaiHelena Asenina da Bulgária
IrmánsEudoxia Laskarina, Irene Ducaina Lascarina e Théodora Laskarina
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi o último dos emperadores Láscaris, que tanto fixeran pola restauración do Imperio bizantino trala conquista de Constantinopla polos cruzados durante a Cuarta Cruzada en 1204. O seu rexente foi Miguel Paleólogo. Trala toma de Constantinopla por Miguel en 1261, este ordenou cegar a Xoán, incapacitándoo para a dignidade imperial, e logo encerrouno nun castelo no mar de Mármara. En 1290, Xoán recoñecería a Andrónico II Paleólogo como emperador.

Imperio Bizantino

Segue a:
Teodoro II Láscaris
Xoán IV Ducas Láscaris
Precede a:
Miguel VIII Paleólogo
Dinastía Láscaris