Xoán III de Portugal

político portugués

Xoán III de Portugal, alcumado O Piadoso ou O Pío dada a súa devoción relixiosa, nado o 7 de xuño de 1502 e finado o 11 de xuño de 1557, foi Rei de Portugal. Sucedeu en 1521 ó seu pai, D. Manuel I, morto no auxe do seu poder aos 52 anos de idade, que reinou durante 26 anos.

Xoán III
Rei de Portugal

Reinado13 de decembro de 1521 - 11 de xuño de 1557
Nacemento7 de xuño de 1502
Lisboa, Portugal
Falecemento11 de xuño de 1557
Lisboa, Portugal
PredecesorManuel I de Portugal
SucesorSebastián I de Portugal
Cónxuxe/sCatarina de Austria

Na rede
IMSLP: Category:João_III,_Dom WikiTree: Aviz-27 Find a Grave: 9705538 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ascendeu ao trono cando Portugal posuía cidades fortificadas no Norte de África e os seus mariñeiros tiñan navegado nos océanos Atlántico, Índico e Pacífico, espallándose polas illas atlánticas, polas costa occidental e oriental de África, India, Malaisia, Illas do Pacífico e posiblemente Australia, a China e o Brasil. Destacada entre as potencias europeas desde o punto de vista económico e diplomático, mais o país non chegaba a un millón e medio de habitantes. Durante o seu reinado Portugal adquiriu novas colonias en Asia - Chalé, Diu, Mumbai, Baçaim e Macau.

Antonio Mota, Francisco Zeimoto e Antonio Peixoto chegaron ao Xapón sendo os primeiros europeos a visitar este arquipélago. Comezou a colonización do Brasil. Ao mesmo tempo deuse o abandono dalgunhas cidades fortificadas en Marrocos, como Safim, Azamor, Arzila, Aguz e Alcácer-Ceguer, debido ao custo da súa defensa contra os ataques dos xerife musulmáns. Coa Inglaterra intensificou as relacións comerciais, o mesmo acontecendo cos países do Báltico e Flandres.

Xoán preocupouse efectivamente co pleno dominio do Brasil, que dividiu en Capitanías-donativos, as coñecidas Capitanías hereditarias, establecendo un goberno nacional en 1548.

Houbo sen dúbida un aire de renovación cultural no seu reinado, preponderante na afirmación do renacemento portugués. Na literatura aparece o poeta máis coñecido mundialmente Luís de Camões, así como Garcia de Resende, Sá de Miranda, Bernardim Ribeiro e João de Barros. Na náutica xurdiu Pedro Nunes, na botánica Garcia de Orta, na arquitectura Francisco de Holanda, Miguel de Arruda e Xoán de Castillo. Outros nomes foron Luís Vives, André de Resende, Damião de Góis, Xoán de Rouen e Nicolás Chanterrene. Erasmo dedicoulle unha das súas obras e o rei tería pensado desde o contratar a profesor da nova universidade de Coímbra, creada en 1537. Foi no seu reinado que se crearon bolsas de estudo no estranxeiro e o Colexio das Artes.

Xoán III era, con todo, moi relixioso, o que o tornou dócil diante do poder da igrexa e permeable á introdución da Inquisición en 1536, pois o movemento luterano era xa unha realidade europea. As consecuencias sociais foron desastrosas, pois provocou inseguridade nos cristiáns novos, obrigando ao exilio a moitos comerciantes xudeus, facendo que os recursos fosen financiados con empréstitos estranxeiros.

Sucedeulle o seu neto, D. Sebastián, xa que ningún dos seus fillos sobreviviu á súa morte.

 
O Imperio portugués durante o reinado de Xoán III
Rei de Portugal

Segue a:
Manuel I de Portugal
Xoán III de Portugal
Precede a:
Sebastián I de Portugal
Dinastía de Avis-Bexa