Xigante (filme)

filme estadounidense de 1956

Xigante (en inglés: Giant) é un filme estadounidense de 1956 baseado na novela homónima de 1952 de Edna Ferber, dirixido por George Stevens e con Rock Hudson, Elizabeth Taylor e James Dean nos papeis principais. Xigante foi o último dos tres filmes protagonizados por Dean e valeulle a súa segunda candidatura póstuma ao Oscar. Faleceu nun accidente de coche antes da estrea do filme e o actor Nick Adams foi contratado para dobrar algúns diálogos da personaxe de Dean.[2]

Xigante
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalGiant
DirectorGeorge Stevens
ProdutorGeorge Stevens
Henry Ginsberg
GuiónFred Guiol
Ivan Moffat
Baseado enGiant, novela de Edna Ferber (1952)
IntérpretesElizabeth Taylor
Rock Hudson
James Dean
MúsicaDimitri Tiomkin
FotografíaWilliam C. Mellor
MontaxeWilliam Hornbeck
Phil Anderson
Fred Bohanan
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea10 de outubro de 1956
Duración201 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento5,4 millóns de dólares[1]
Recadación39 millóns de dólares[1]
Na rede
IMDB: tt0049261 Filmaffinity: 234290 Allocine: 29107 Rottentomatoes: m/giant Mojo: giant Allmovie: v19706 TCM: 76242 TV.com: movies/giant Netlix: 60028303Editar o valor em Wikidata

En 2005 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.[3]

Foi emitido na TVG o 31 de decembro de 2006.[4]

Sinopse editar

Xigante trata do devir histórico dunha familia que, aínda que ao principio se resiste, finalmente cede ante as presións para converter a súa facenda gandeira en petroleira. Amosa como a riqueza do petróleo inflúe nos seus modos de vida e nos desafíos que lles xorden aos pais ao trataren de educar os seus fillos e asistilos durante o crecemento.

Jordan Benedict (Rock Hudson), dono dunha extensa facenda, coñece en Maryland a Leslie (Elizabeth Taylor), e casa con ela. Instalados na casa, axiña se dan de conta das diferenzas que os separan, mais teñen tres fillos. Atópase petróleo nas súas terra e fanlles presión para que convertan a actividade da súa facenda, de gandeira a petroleira, que ao principio conviven mais finalmente prevalece a do petróleo.

Jett Rink (James Dean) é un empregado de Benedict algo conflitivo que acaba por ser dono dunha parte da terra na que se atopa despois petróleo e que se fai moi rico. A pesar de ser dono dun imperio, é infeliz pola frustración que lle provoca o seu amor por Leslie, esposa do que era o seu xefe, e á que tratou de conquistar.

Elenco editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Miller, Frank. ".:: TCM Presents: The Essentials - Article::.". Turner Classic Movies. Arquivado dende o orixinal o 13-01-2015. Consultado o 13-1-2015. 
  2. Goldsmith Gilbert, Julie (1999). Ferber: Edna Ferber and Her Circle, a Biography. Hal Leonard Corporation. pp. 147–148. ISBN 978-1-55783-332-7. 
  3. L.C. Information Bulletin. Library of Congress. 2006. p. 43. 
  4. La Voz de Galicia, 31 de decembro de 2006. Páx. 53

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar