O xeso[1][2] é un mineral da clase dos sulfatos cuxa fórmula química é CaSO4·2H2O (sulfato de calcio dihidratado).

Xeso
Xeso
Fórmula químicaCaSO4·2H2O
ClaseSulfatos
Sistema cristalinoMonoclínico
CorIncolora, branca, amarela e vermella
BrilloDe vítreo a resinoso
Dureza2
FracturaConcoidea
ExfoliaciónPerfecta
RaiaBranca
Densidade2,3-2,4 g/cm3

Aspecto editar

O xeso preséntase en forma de cristais tabulares e prismáticos.

Variedades do xeso editar

Segundo sexa o seu aspecto externo o xeso pódese dividir en diferentes variedades:

Existen outros grupos menos importantes como o xeso fibroso (composto por fibras de xeso entrelazadas unhas coas outras), o xeso en frecha (crecemento de xeso maclado que recorda a forma dunha frecha) e o xeso espumoso (crecemento en escamas).

Lugares onde se atopa editar

É frecuente atopalo en depósitos sedimentarios asociado a rochas calcarias ou arxilas. Tamén pode aparecer polo efecto da hidratación da anhidrita.

Outros sulfatos editar

A anhidrita é outro mineral importante da clase dos sulfatos. moi similar á escaiola.

O xeso como material de construción editar

 
Mostra de xeso moído

O termo xeso tamén pode referirse ao produto industrial parecido á escaiola, preparado basicamente a partir da pedra de xeso natural, mediante a súa deshidratación, con ou sen adicións para modificar as súas propiedades intrínsecas, como é o fraguado, resistencia, adherencia, retención de auga e densidade, que unha vez elaborados, amásase con auga e pode ser empregado directamente. Tamén se emprega para a elaboracións de materiais prefabricados.

O xeso como produto industrial é sulfato de calcio semihidratado (CaSO4-½H2O), e comercialízase moído, en forma de po.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xeso.
  2. "xeso". TERGAL. Consultado o 05/07/2022.