De escritores galegos.

Representación gráfica do Rincón de Goya (1926-1928), de Fernando García Mercadal.

A Xeración do 25 é o nome co que en 1961 Carlos Flores López denominou un grupo de novos arquitectos vangardistas, titulados entre 1918 e 1925 na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid.

Denominación editar

Aínda que as obras clave desta Xeración comezaron a aparecer en Madrid en 1927 -o cal xustificaría que fose denominado como xeración do 27, como pedía Oriol Bohigas, para relacionala coa xeración literaria-, a razón do cambio da data foi a Exposición Internacional de Artes Decorativas e Industriais de París, de 1925, que causou un grande impacto nos novos arquitectos madrileños.

A formación do grupo editar

O grupo estaba formado por Bergamín, García Mercadal, Fernández Shaw, Blanco Soler, Anasagasti, de los Santos, Aguirre, Sánchez Arcas, Lacasa, Arniches, Domínguez, Gutiérrez Soto, Borobio, Aspiroz, Muñoz Casayús e Durán Reynals.

Obras representativas editar

Como consecuencia daquela impresión apareceron tres obras esenciais entre 1927 e 1928, que marcaron aquel período e definiron a esta Xeración: o Rincón de Goya, de Fernando García Mercadal, a gasolineira de Petróleos Porto Pi, de Casto Fernández Shaw e a Casa do Marqués de Villora, de Rafael Bergamín. Son o que Flores denominou “primeiras obras afíns ó movemento centroeuropeo renovador da arquitectura, isto é, vinculadas o que chamou posteriormente Movemento Moderno”.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • MIGUEL ÁNGEL BALDELLOU, Hacia una arquitectura racional española, Summa Artis, Tomo XL, Espasa-Calpe, Madrid 1995.
  • ORIOL BOHIGAS, Modernidad en la arquitectura española de la Segunda República, Tusquets Ed., Barcelona 1998.