Xeografía de Naruto

A serie de manga e anime Naruto transcorre nun universo ficticio no cal hai gran cantidade de "Países" e "Aldeas Ninja".

Mapa do Mundo de Naruto.

Os países están dirixidos por Señores Feudais (Daimyō, ao estilo do Xapón medieval). O único que establece as relacións entre eles son os potenciais bélicos e os tratados de paz e alianzas, que non sempre son tidos en conta. A pesar desta organización política, mostráronse a miúdo obxectos cotiáns actuais, como cines, cámaras de seguridade, e sistemas médicos modernos. Ademais, apareceron ordenadores e videoxogos.

As Aldeas Ninja (忍の里 Shinobi non Sato?) ou Aldeas Ocultas (隠れ里 Kakurezato?) son aldeas que serven como forza militar do país en que se atopan. Manteñen a economía do país onde se atopan grazas aos seus ingresos, diñeiro que cobra por realizar as misións que se lles encargan. As aldeas adestran ninjas desde moi novos para poder usalos nas misións, e facer que os seus países sexan competitivos no contexto das demais nacións. As cinco principais aldeas están dirixidas por Kages (literalmente, sombra), os ninjas máis fortes de todos.

Os cinco grandes países editar

Dos países do universo de Naruto, cinco son os máis poderosos e influentes, os cales coinciden cos cinco elementos da serie. Cada un está rexido por un Kage.

País da Terra editar

O País da Terra (土の国 Tsuchi non Kuni?) apenas apareceu na serie. Sábese que está cheo de montañas e covas, e que está orientado cara ao elemento terra. Non son aliados do País do Lume, como se menciona no Kakashi Gaiden. Nela está a "Aldea Oculta entre as Rocas".Este país atópase ao nordeste do País do Lume, limita co País da Choiva polo sur e polo sueste co País da Fervenza e o País da Herba, ademais presenta costas polo leste.

País do Lume editar

O País do Lume (火の国 Hi non Kuni?) é onde está a Aldea Oculta de Konoha, o fogar da maior parte dos protagonistas de Naruto.

Preto da aldea atópase o Bosque da Morte, onde tivo lugar a segunda proba do exame de chūnin

O País do Lume atópase aproximadamente no centro da xeografía do mundo de Naruto, limitando ao norte co País do Campo do Arroz e o País da Fervenza, ao noroeste límita co País da Herba e o País da Choiva, ao oeste e suroeste co País do Río, ao sur presenta costas, e ao leste tamén aínda que limita con algúns países. Este país presenta unha península ao sueste, á cal pertence a parte norte a outro país.

Val do Fin editar

Trátase dun par de estatuas xigantes que bordean unha gran fervenza, as cales representan a Shodaime(primeiro Hokage da Aldea Oculta de Konoha) e Madara Uchiha. Alí tivo lugar un combate entre ambos, do cal Madara saíu derrotado. Máis tarde, Naruto Uzumaki e Sasuke Uchiha loitaron alí tamén, ao final da primeira parte da serie. Este val atópase nos límites do País do Campo do Arroz e o País do Lume, de feito é unha fronteira natural.

País do Raio editar

O País do Raio (雷の国 Kaminari non Kuni?) apareceu moi pouco na serie. Nel atópase a Aldea Oculta das Nubes. Este sitúase ao nordeste do País do Lume, e consiste nunha gran península a cal límita polo suroeste con outro país, o resto son costas.

País da auga editar

O País da auga (水の国 Mizu non Kuni?) céntrase no elemento auga. A néboa é común neste lugar, así como os lagos. Nalgúns lugares, como onde naceu Haku, o clima é máis frío, e nieva a miúdo. É unha pequena illa que se atopa ao leste das costas do País do Lume.

Neste país está a Aldea Oculta da Néboa. Zabuza Momochi intentou dar un golpe de estado, pero fallou e tivo que fuxir. É a nación máis pequena, motivo polo que o adestramento dos seus ninjas é o máis duro de todos.

País do Vento editar

O País do Vento (風の国 Kaze non Kuni?) é unha rexión abatida e seca, pero tamén o fogar dalgúns dos máis poderosos ninjas, que pertencen á Aldea Oculta da Area. Este país atópase ao oeste do País do Lume, limitando polo norte co País da Choiva e polo leste co País do Río.

O Señor Feudal decidiu reducir o número de efectivos, e transferir a maior parte das misións á Aldea Oculta de Konoha, polo que o cuarto Kazekage tivo que tomar medidas desesperadas.

As cinco grandes aldeas editar

Aldea Oculta das Rocas editar

A Aldea Oculta das Rocas (岩隠れの里 Iwagakure non Sato?), atópase no País da Terra. O seu líder é o "Tsuchikage". Resulta lóxico pensar que os seus ninjas especialízanse en técnicas do elemento terra. Como se mostra no Kakashi Gaiden, no pasado estivo en guerra coa Aldea Oculta de Konoha. Deidara, de Akatsuki, provén de alí.

Aldea Oculta de Konoha editar

Artigo principal: Aldea Oculta de Konoha.

A Aldea Oculta da Folla (木ノ葉隠れの里 Konohagakure non Sato?), ou Aldea Oculta de Konoha, nome máis común entre os fans, atópase no País do Lume, e o seu líder é o Hokage.

Aldea Oculta das Nubes editar

A Aldea Oculta das Nubes (雲隠れの里 Kumogakure non Sato?) atópase no País do Raio. O seu líder é o "Raikage". No pasado estivo en guerra coa Aldea Oculta de Konoha, pero durante os tratados de paz, un dos seus ninjas intentou capturar a Hinata Hyūga, e isto provocou un incidente que acabou coa morte do pai de Neji Hyūga. Non se sabe moito máis, aínda que se pode supor que os seus ninjas especialízanse en técnicas baseadas na electricidade. Yugito Nii, a jinchūriki co Bijū de dous colas procedía de alí, e mencionou que era a segunda persoa máis forte da aldea posiblemente o máis forte seria o jinchiriki de oito colas un home do país do raio de pel escura que posúe oito espadas.Pero loxicamente a priemera persoa mais poderosa é o Raikage

Aldea Oculta da Néboa editar

A Aldea Oculta da Néboa (霧隠れの里 Kirigakure non Sato?), atópase no País da auga, e o seu líder é o "Mizukage". Os seus ninjas son especialistas en técnicas de auga, aínda que parece que todos eles levan espadas, como se mostra nalgunhas ocasións. No pasado, o exame para alcanzar o rango de genin era certamente inhumano: obrigábase a estudantes que foran amigos a loitar a matar. Isto acabouse o ano en que Zabuza Momochi, un mozo que nin sequera estivera na academia, volveuse tolo e matou a todos os do seu ano el só.

Nesta aldea había un grupo chamado Os Sete Espadachines da Néboa, entre os cales estaban Zabuza Momochi e Kisame Hoshigaki, así como Raiga Kurosuki, que aparece nunha das sagas de recheo do anime. Cada un deles leva unha espada moi grande ou única. Os tres membros coñecidos renegaron da aldea, e a identidade dos outros aínda está por desvelar.

Nesta aldea viviron os membros do clan Kaguya, que posuía unha técnica de liña sucesoria que lles permitía controlar os seus propios ósos. Foi aniquilado cando atacaron á súa propia aldea. Eran amantes da guerra e o combate que buscaban o fragor da batalla aínda que fóra entre os seus compatriotas. O seu único sobrevivente foi Kimimaro, que se uniría a Orochimaru e perecería igualmente anos despois ao servizo deste.

Pénsase que Madara Uchiha é o "kage" desta aldea tras ser chamado "Mizukage" por Kisame no capítulo 404 do manga de Naruto.

Aldea Oculta da Area editar

A Aldea Oculta da Area (砂隠れの里 Sunagakure non Sato?), atópase no País do Vento, e o seu líder é o "Kazekage". Gaara provén deste lugar, e dise que o Shukaku orixinouse alí, sendo o espírito corrupto dun monxe encerrado nunha teteira. O Akatsuki Sasori procedía desta aldea tamén. Nestes momentos esta aldea é unha un aliada de Konoha.

Véxase tamén editar