Xefe Executivo de Afganistán

O Xefe Executivo da República Islámica de Afganistán forma parte do goberno de Afganistán.

O cargo extra constitucional creouse en setembro de 2014, logo das disputas que xurdiron tras as eleccións presidenciais afgás de 2014, cando tanto Ashraf Ghani Ahmadzai como Abdullah Abdullah reclamaron a vitoria das eleccións. Como parte dun acordo de unidade nacional, acordouse que Ashraf Ghani asumise a presidencia e que se crease un novo cargo para Abdullah Abdullah, similar ao dun primeiro ministro.[1][2]

Funcións e responsabilidades editar

O xefe executivo preside a reunión semanal do consello de ministros que pode facer recomendacións de políticas ao presidente. O xefe executivo tamén pode recomendar ministros para o gabinete.[1]

Lista de xefes executivos editar

Nome Inicio Final Afiliación política
Abdullah Abdullah   29 de setembro de 2014 no cargo Coalición Nacional

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Understanding Afghanistan's Chief Executive Officer | DW | 30.09.2014". 
  2. "Ashraf Ghani, nuevo presidente de Afganistán".