Xavier Trias

político español

Xavier Trias i Vidal de Llobatera, nado en Barcelona o 5 de agosto de 1946, é un político catalán, militante de CDC desde 1979 e alcalde de Barcelona entre 2011 e 2015. Entre outras responsabilidades na Generalitat de Cataluña, foi conselleiro de Sanidade e da Presidencia durante os gobernos de Jordi Pujol.

Infotaula de personaHonorábel Editar o valor em Wikidata
Xavier Trias

(2014) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ca) Xavier Trias i Vidal de Llobatera Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de agosto de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Presidente da Área Metropolitana de Barcelona
21 de xullo de 2011 – 2015
← sen valor – Ada Colau →
117º Alcalde de Barcelona
1 de xullo de 2011 – 13 de xuño de 2015
← Jordi HereuAda Colau →
Concelleiro de Barcelona
16 de xuño de 2003 –
Deputado no Congreso dos Deputados
23 de marzo de 2000 – 2 de abril de 2004

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado do Parlamento de Cataluña
5 de novembro de 1999 – 25 de xaneiro de 2000 (renuncia)Carles Puigdomènech i Cantó →

Circunscrición electoral: Barcelona
Conselleiro de Presidencia da Generalitat de Cataluña
11 de xaneiro de 1996 – 3 de febreiro de 2000
← sen valor – Joaquim Triadú i Vila-Abadal →
Deputado do Parlamento de Cataluña
12 de maio de 1995 – 24 de agosto de 1999 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado do Parlamento de Cataluña
3 de abril de 1992 – 26 de setembro de 1995 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

15º Conselleiro de Saúde e Seguridade Social
4 de xullo de 1988 – 11 de xaneiro de 1996
← Josep LaporteEduard Rius → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona
Colexio Sant Ignasi - Sarrià Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Barcelona Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , médico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Democrático Europeo Catalán (2016–2022)
Convergència Democràtica de Catalunya (1979–2016) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014
World Government Summit 2014 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesJordi Cabré (sobriño) Editar o valor em Wikidata

Páxina webxaviertrias.cat Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2201334 Facebook: xaviertrias Twitter: xaviertrias Instagram: xaviertrias Youtube: UC-Rzm_HFQ-_IPF9k-MjwxGw Dialnet: 69449 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Barcelona en 1970, especializándose en pediatría. Durante os anos 1971 ao 1973 completou a súa formación de posgrao en Xénova (Italia) e en Berna (Suíza), onde traballou durante un ano e medio na investigación de enfermidades metabólicas, o seu diagnostico e tratamento. De 1974 a 1981 exerceu de médico pediatra no Hospital Infantil da Vall d'Hebron. Entre 1979 e 1981 foi vocal nacional de hospitais ao Consello Xeral de Médicos de España, e tamén vocal de hospitais na Xunta do Colexio Oficial de Médicos de Barcelona.

En 1981 entrou a traballar no Departamento de Sanidade e Seguridade Social da Generalitat de Cataluña, que por aquel entón encabezaba o conselleiro Josep Laporte, a quen Trias considera o seu pai político, como xefe de servizo de Asistencia Hospitalaria. En setembro de 1983 asumiu a titularidade da Dirección Xeral de Ordenación e Planificación Sanitaria.

En xullo de 1984 foi nomeado director xeral do Instituto Catalán da Saúde (ICS), cargo que ocupou ata o seu nomeamento como conselleiro de Sanidade do goberno da Generalitat, en xullo de 1988, precisamente en substitución de Josep Laporte. Xunto co conselleiro Laporte, Trias está considerado como o responsable do impulso e desenvolvemento do modelo sanitario catalán, de prestixio e recoñecemento internacional.

O 12 de xaneiro de 1996 é nomeado conselleiro de residencia do goberno da Generalitat, momento no que empeza a traballar de xeito conxunto co entón presidente, Jordi Pujol en tanto que número dous e portavoz do Goberno. Desta época destaca a xestión de Trias na creación do Consell de l'Audiovisual de Catalunya (CAC) ou a mellora do réxime laboral dos funcionarios da Generalitat, avanzando na conciliación coa vida familiar, entre outras iniciativas.

O mes de marzo do ano 2000 encabezou a candidatura de Convergència i Unió ás eleccións ao Congreso dos Deputados, sendo presidente e portavoz do grupo parlamentario catalán (CIU) no Congreso dos Deputados e presidente da Comisión de Ciencia e Tecnoloxía. A pesar da maioría absoluta do Partido Popular, Trias foi un dos negociadores do actual sistema de financiamento da Generalitat de Cataluña, que incrementou de xeito importante os seus ingresos.

O 17 de maio de 2002 foi proclamado candidato de CIU ao Concello de Barcelona, e desde o 14 de xuño de 2003 é concelleiro de CIU no concello de Barcelona e presidente do Grupo Municipal de CIU da cidade de Barcelona. En 2007 preséntase de novo ás eleccións municipais do 27 de maio, coa ambición de converterse no novo alcalde de Barcelona sen logralo. En 2011 volve postularse por terceira vez para alcalde de Barcelona, sendo o día 2 de xullo investido como alcalde da cidade.

Foi Secretario Xeral Adxunto da Federación de Convergència i Unió, nunha dirección onde Jordi Pujol é o Presidente Fundador, Artur Mas o Presidente, e Josep Antoni Duran i Lleida é o Secretario Xeral. Desde 2011 formou parte de consello de Área Metropolitana de Barcelona (AMB).

Vida persoal editar

Está casado e ten catro fillos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Josep Laporte i Salas
  
Conselleiro de Saúde da Generalitat de Cataluña
 
1988-1996
Sucesor:
Eduard Rius i Pey
Predecesor:
Joaquim Triadú
  
Conselleiro de Presidencia da Generalitat de Cataluña
 
1996-2000
Sucesor:
Artur Mas
Predecesor:
Josep López de Lerma
  
Portavoz de CiU no Congreso dos Deputados de España
 
2000-2004
Sucesor:
Josep Antoni Duran i Lleida
Predecesor:
Jordi Hereu
  
Alcalde de Barcelona
 
2011-2015
Sucesor:
Ada Colau