Xavier Seoane

profesor e escritor galego

Xavier Seoane Rivas, nado na Coruña o 11 de xaneiro de 1954, é un profesor e escritor galego.

Xavier Seoane
Nacemento11 de xaneiro de 1954 e 1954
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, profesor de ensino secundario, romanista e poeta
XénerosPoesía, narrativa e ensaio
EstudosFiloloxía Románica
PremiosPremio Esquío de poesía, Premio de poesía Afundación e Premio da Crítica de poesía galega
Na rede
Bitraga: 2060 AELG: 184 Dialnet: 69334
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e foi profesor de Lingua e Literatura na Coruña no IES Monelos. Desde 1975 vén desenvolvendo a súa actividade nos terreos da creación literaria, da arte e na animación cultural, tanto en prensa e revistas, como conferenciante. Nas décadas dos setenta e oitenta participou nas actividades dos grupos "A Carón" e "Galga". Ten colaborado, entre outras, en publicacións como Teima, Man Común, Grial, Nordés, Agalia, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Luzes de Galiza, Gran Enciclopedia Gallega, El Correo Gallego, Microfisuras...

É un dos fundadores e animadores da revista Luzes de Galiza. Ten traballado en proxectos de vídeo: O pintor Luis Seoane, Luis Seoane, escritor e Arquitectura galega actual. Participou na organización de exposicións relacionadas co mundo das artes (Leopoldo Nóvoa, Mundos, Figuraciós, Isaac Díaz Pardo, O cómic galego, Luís Seoane e o libro galego na Arxentina, Urbe, Natura, Cosmos) e colaborou con textos sobre arte en catálogos de exposicións e libros colectivos.

Ten realizado exposicións de poesía visual e experimental na Coruña, Compostela e no Estado Español, e participado en mostras de mail art.

Obras editar

Poesía editar

Narrativa editar

  • Ábrelle a porta ao mar (2000, Espiral Maior). Traducida ao castelán en 2014 en Reino de Cordelia como Abre la puerta al mar.[4]
  • A dama da noite (2014, Laiovento). Traducida ao castelán en 2016 en Reino de Cordelia como La dama de las sombras.[5]

Ensaio e aforismos editar

Ensaio editar

  • Reto ou rendición (1994, Ediciós do Castro).
  • A voz dun tempo. Luís Seoane: o criador total (1994, Ediciós do Castro).
  • Atravesar o espello (2000, Xerais).
  • O sol de Homero (2002, Xerais).
  • Saudar a vida (2007, Xerais).
  • Todos somos Ulises. Por unha educación democrática e humanista (2016, Xerais).
  • Dicionario irreal para un país imposible (2020). Xerais, Grandes obras, Edicións singulares. Ilustracións Ramón Trigo. 384 páxs. ISBN 978-84-9121-760-2.[6]

Aforismos editar

  • Arca cotidiana/Irispaxaros (1984, edición de autor).
  • A rocha imantada (Aforismos 1984-2009) (2009, Laiovento).

Edicións editar

Literatura infanto-xuvenil editar

Obras colectivas editar

  • Poesía experimental (1978). Con Raúl Reguera.
  • Anísia e outras sombras (1981). Con Manuel Rivas.
  • II Festival da Poesía do Condado (1982, S. C. D. Condado).
  • IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado).
  • De amor e desamor I e II (1984 e 1985, Ediciós do Castro).
  • VII Festival da Poesía no Condado (1987, S. C. D. Condado).
  • VIII Festival da Poesía no Condado (1988, S. C. D. Condado).
  • Galicia Emigrante (1954-1971). Escolma de textos da audición radial de Luis Seoane (1989, Ediciós do Castro). Con Lino Braxe.
  • IX Festival da Poesía no Condado (1989, S. C. D. Condado).
  • Figuraciós, de Luís Seoane (1990, Deputación da Coruña). Escolma, edición e estudo con Lino Braxe.
  • Identidade e convulsión: Palavra e imaxe da nova arte galega (1990, Ediciós do Castro).
  • Homenaxe a Miguel González Garcés (1991, Deputación da Coruña).
  • A máxia da palavra. Cunqueiro na rádio (1991, Sotelo Blanco). Con Lino Braxe.
  • O cine e a fotografía. Luís Seoane (1994, CGAI). Con Lino Braxe.
  • Luís Seoane, 1910-1979. Unha fotobiografía (1994, Xerais).
  • A cultura e a criatividade galegas cara o ano 2000 (1995).
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro).
  • Luís Seoane e o teatro (1996, Ediciós do Castro). Con Lino Braxe.
  • Luís Seoane: textos sobre arte (1996, Consello da Cultura Galega). Con Lino Braxe.
  • Hai suficiente infinito (1999, Xerais). Con Antón Patiño.
  • A Coruña entre séculos (2000).
  • Momentos coruñeses (2001).
  • Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
  • Poetas galegos do século XX (2004, Espiral Maior).
  • Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, AELG).
  • Homenaxe a Ánxel Casal (2005, AELG).
  • X. Espazo para un signo (2005, Xerais).
  • O desafío das ondas (2006, Autoridade Portuaria da Coruña).
  • Poemas pola memoria (1936-2006) (2006, Xunta de Galicia).
  • Poetas e Narradores nas súas voces. II (2006, Consello da Cultura Galega).
  • A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008, Universidade da Coruña).
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
  • Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008, Espiral Maior).
  • Ramiro Fonte, o libro dos amigos (2008).
  • De amor e desamor (2009, Deputación da Coruña).
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
  • Lois Pereiro en 17 voces (2011, La Voz de Galicia).
  • Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello (2011, Laiovento).
  • Tamén navegar (2011, Toxosoutos).
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG, libro electrónico.
  • A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).

En antoloxías editar

  • Escolma da poesía galega, 1976-1984 (1984, Sotelo Blanco).
  • Desde a palabra, doce voces (1986, Sotelo Blanco).
  • Antoloxía da poesía galega erótica e amatoria (1988, Ediciós do Castro).
  • Poesía gallega de hoy (1990, Visor, edición bilingüe galego-castelán).
  • Fin de milenio (1991, Libertarias, edición bilingüe galego-castelán).
  • 50 anos de poesía galega (1994, Penta).
  • Poesía gallega actual (1996, Litoral, edición bilingüe galego-castelán).
  • Antologia de poesia galega (1996, Universidade de Campinas, Brasil).
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram). A cargo de Arturo Casas.
  • Poetas galegos do século XX (2004, Espiral Maior).
  • Poetas e narradores nas súas voces (Vol. II) (2006, Consello da Cultura Galega).
  • Poemas coruñeses (2008, Espiral Maior).
  • Poeti spagnoli contemporanei (2008, Edizione dell’ Orso).
  • El otro medio siglo. Antología incompleta de poesía iberoamericana (2009, Espiral Maior).
  • Breogán’s Lighthouse: an anthology of Galician Literature (2010, Francis Boutle). Edición bilingüe galego-inglés.
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega (2013, Toxosoutos).

Premios editar

Obra plástica sobre Xavier Seoane editar

O gravador Manuel Facal realizou a carpeta de gravados As quatro estacións, sobre poemas de Seoane, e o libro de artista Irispaxaros, sobre aforismos do autor.

Notas editar

  1. "Dársenas del ocaso (1999-2002)". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-07-04. 
  2. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-02-19. 
  3. Seara, Teresa (Outubro, novembro, decembro 2020). "Suspender a mazá". Revista Grial. LVIII: 103, 104. ISSN 0017-4181. 
  4. "Abre la puerta al mar". Reino de Cordelia (en castelán). Consultado o 2019-07-04. 
  5. "La dama de las sombras". Reino de Cordelia (en castelán). Consultado o 2019-07-04. 
  6. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-11-12. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar