Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
Véxase tamén: Regulamento do xadrez.

En xadrez, a posición de xaque mate, ou mate, é aquela coa que o último bando que moveu gaña a partida. É dicir, hai un xaque ao rei, que non pode ser evitado mediante ningunha xogada legal por parte do bando ameazado.

Unha posición de xaque mate.

O xaque como xogada de ameaza de captura que é, só pode ser evadido dun dos tres seguintes xeitos:

  1. Interpondo unha peza entre a peza agresora e a peza agredida (isto non é posible contra o ataque do cabalo).
  2. Capturando a peza agresora.
  3. Movendo a peza agredida (o rei) a unha casa fora da acción das pezas contrarias.

Se ningunha das tres formas anteriores é posible, fálase entón dun xaque mate.

Mates básicos editar

A continuación preséntanse os mates fundamentais máis comúns onde un bando só ten ao seu rei e o outro ademais do seu rei ten o mínimo material para forzar ao xaque mate ao contrario.

  • O xaque mate coa dama é o máis importante, xa que é moi fácil de realizar. Xeralmente ocorre logo que un peón é promovido a dama.
  • O segundo xaque mate máis importante é o que se realiza coa torre, que tamén é moi fácil de facer.
  • Os mates con dous alfís e cun alfil e un cabalo non son moi importantes, xa que a oportunidade para estes ocorre moi de cando en cando; dos dous, o máis frecuente é o mate cun alfil e un cabalo.
O mate con dous alfís é moi fácil de realizar, pero o mate con alfil e cabalo é algo difícil e require de precisión.

Nótese que dous cabalos non poden forzar un xaque mate a un rei solitario.


 
 
               
               
               
               
               
               
               
               
 
 
Mate frontal con dama e rei.
 
 
               
               
               
               
               
               
               
               
 
 
Mate con dama e rei.

A dama actúa como torre.

Mate coa Dama editar

Estes diagramas mostran a posición básica de xaque mate cunha dama, a cal pode ocorrer en calquera beira do taboleiro. Obviamente, a posición exacta pode variar do diagrama. Sendo a quenda das negras, o mate pode ser forzado en non máis de dez movementos a partir de calquera posición inicial das pezas.

Na primeira posición, a dama está directamente enfronte do rei inimigo.

Na segunda posición, os reis están en oposición e a dama fai mate desde un flanco do rei.


 
 
               
               
               
               
               
               
               
               
 
 
Neste diagrama só debese colocar a torre de f en f1 para conseguir mate.

Mate con dúas Torres editar

Este é o primeiro mate que debe practicar o principiante, xa que é o máis sinxelo e fácil de comprender. Débese de levar ao rei inimigo á banda con dúas torres usando o método coñecido como "a escaleira".Para conseguir este mate non fai falta a axuda do rei.


 
 
               
               
               
               
               
               
               
               
 
 
Mate con rei e torre.

Mate cunha Torre editar

A continuación preséntase a posición básica de mate cunha torre, o cal pode ocorrer en calquera beira do taboleiro. Sendo quenda das negras, o mate pode forzarse en non máis de 16 xogadas a partir de calquera posición inicial das pezas.


 
 
               
               
               
               
               
               
               
               
 
 
Mate con rei, cabalo e alfil. O rei desafortunado está nunha esquina.
 
 
               
               
               
               
               
               
               
               
 
 
Mate con rei, cabalo e alfil. O rei desafortunado está nunha casa xunto a un esquina.

Alfil e cabalo editar

A continuación, preséntanse os dous xaques mates básicos que poden realizar un alfil e un cabalo, o mate pode ser forzado soamente nunha esquina en que o alfil teña control. Sendo quenda das brancas, o mate pode forzarse en non máis de 33 movementos a partir de calquera posición inicial das pezas, exceptuando aquelas en que o rei negro realiza un ataque dobre ao cabalo e ao alfil e non é posible salvar material. Con todo, o proceso do mate é difícil e require xogadas precisas, xa que un pequeno erro pode resultar en táboas pola regra do quincuaxésimo movemento.

O primeiro diagrama mostra un mate realizado polo alfil co rei no recuncho.

O segundo diagrama mostra un mate executado polo cabalo, co rei nunha casa preto do recuncho e o alfil entre ambos os dous reis. Alternativamente, o cabalo pode colocarse en d7.

 
 
               
               
               
               
               
               
               
               
 
 
Mate con dous alfís. O rei debe colaborar cos alfís para arrastrar o rei oposto a unha esquina.

Dous alfís editar