XVIII edición dos Premios Goya

A 18ª Cerimonia de entrega dos Premios Goya tivo lugar no Palacio Municipal de Congresos do Campo das Nacións en Madrid o día 31 de xaneiro de 2004.

Nesta edición, a AVT convocou unha manifestación fronte á gala debido a que entre as nomeadas estaba a longametraxe documental de Julio Medem La pelota vasca, la piel contra la piedra, debido a que segundo eles equiparaba ás vítimas cos asasinos.[1] Por iso pedían o apoio dos asistentes, ós que solicitaban portar un adhesivo co slogan "Non a ETA". Recordaban con isto as chapas dicindo "Non á guerra" que actores e directores non dubidaron en levar durante a XVII edición dos Premios Goya.

En devandita manifestación podían lerse pancartas con mensaxes como "Non a Medem" ou "Non ó Pelota Vasco: a caluga contra a bala". Pola súa banda, algúns dos asistentes pecharon filas arredor do seu compañeiro, e luciron os seus propios adhesivos nas que podían lerse mensaxes como "Medem Si, ETA Non", "Si á liberdade de expresión" ou "Non ó terrorismo".

A presenza galega nesta gala veu da man da película O lapis do carpinteiro con 2 candidaturas. A coruñesa María Pujalte optaba ó galardón á mellor interpretación feminina secundaria e Juan Pedro de Gaspar era candidato ó premio á mellor dirección artística, pero finalmente ningún deles se impuxo na súa categoría. O que si conseguiu o seu premio foi o lucense Luís Tosar, mellor actor protagonista polo seu traballo en Te doy mis ojos, que foi ademais a película máis premiada con 7 estatuíñas.

Presentadores da cerimonia editar

Candidaturas editar

Goya de Honra editar

Mellor película editar

Película Resultado
Te doy mis ojos Gañadora[2]
Mi vida sin mí Candidata
Planta 4ª Candidata
Soldados de Salamina Candidata

Mellor dirección editar

Realizador Película Resultado
Icíar Bollaín Te doy mis ojos Gañadora[2][3]
Cesc Gay En la ciudad Candidato
Isabel Coixet Mi vida sin mí Candidata
David Trueba Soldados de Salamina Candidato

Mellor dirección novel editar

Realizador Película Resultado
Ángeles González Sinde La suerte dormida Gañadora[2][3]
Pablo Berger Torremolinos 73 Candidato
Jaime Rosales Las horas del día Candidata
David Serrano Días de fútbol Candidato

Mellor actriz editar

Actriz Película Resultado
Laia Marull Te doy mis ojos Gañadora[3]
Adriana Ozores La suerte dormida Candidato
Sarah Polley Mi vida sin mí Candidata
Ariadna Gil Soldados de Salamina Candidato

Mellor actor editar

Actor Película Resultado
Luís Tosar Te doy mis ojos Gañador[3]
Ernesto Alterio Días de fútbol Candidato
Alfredo Landa A luz prodixiosa Candidato
Javier Cámara Torremolinos 73 Candidato

Mellor actriz secundaria editar

Actriz Película Resultado
Candela Pena Te doy mis ojos Gañadora[3]
María Pujalte O lapis do carpinteiro Candidata
Mónica López En la ciudad Candidata
María Botto Soldados de Salamina Candidata

Mellor actor secundario editar

Actor Película Resultado
Eduard Fernández En la ciudad Gañador[3]
José Luis Gómez García A luz prodixiosa Candidato
Joan Dalmau Soldados de Salamina Candidato
Juan Diego Torremolinos 73 Candidato

Mellor actriz revelación editar

Actriz Película Resultado
María Valverde Rodríguez La flaqueza del bolchevique Gañadora[3]
Verónica Sánchez Al sur de Granada Candidata
Nathalie Poza Días de fútbol Candidata
Elisabet Gelabert Te doy mis ojos Candidata

Mellor actor revelación editar

Actor Película Resultado
Fernando Tejero Días de fútbol Gañador[3]
Víctor Clavijo O agasallo de Silvia Candidato
Juan Sanz La vida mancha Candidato
Óscar Jaenada Noviembre Candidato

Mellor guión orixinal editar

Guionista Película Resultado
Icíar Bollaín, Alicia Luna Te doy mis ojos Gañadoras[3]
Cesc Gay, Tomás Aragay En la ciudad Candidatos
Jaime Rosales, Enric Rufas Las horas del día Candidatos
Pablo Berger Torremolinos 73 Candidatos

Mellor guión adaptado editar

Guionista Película Resultado
Isabel Coixet Mi vida sin mí Gañadora[3]
Lorenzo Silva, Manuel Martín Cuenca La flaqueza del Bolchevique Candidatos
Fernando Marías A luz prodixiosa Candidato
David Trueba Soldados de Salamina Candidato

Mellor película europea editar

Película Director País Resultado
Good Bye, Lenin! Wolfgang Becker Alemaña Gañadora
Dogville Lars von Trier Dinamarca Candidata
La Fleur du mal Claude Chabrol Francia Candidata
The Dreamers Bernardo Bertolucci Reino Unido, Francia, Italia Candidata

Mellor película estranxeira de fala hispana editar

Película Director País Resultado
Historias mínimas Carlos Sorín Arxentina Gañadora
El misterio de la Trinidad José Luis García Agraz México Candidata
El viaje hacia el mar Guillermo Cassanova Uruguai Candidata
Suite Habana Fernando Pérez Cuba Candidata

Mellor película de animación editar

Película Película Resultado
O Cid, a lenda José Pozo Gañadora
El enmeigo del Sur Juanba Berasategi Candidata
Glup Íñigo Berasategui, Aitor Arregui Candidata
Los Reyes Magos Antonio Navarro Candidata

Mellor música orixinal editar

Compositor Película Resultado
Juan Bardem Al sur de Granada Gañador
Santi Vega Eyengui, el Dios del Sueño Candidato
Pablo Cervantes Hotel Danubio Candidato
Juan Carlos Cuello Valentín Candidato

Mellor canción orixinal editar

Canción Música Letra Película Resultado
Humans like you Chop Suey Chop Suey Mi vida sin mí Gañadores
Atraco a tu corazón Paco Ortega Paco Ortega Atraco a las 3... y media Candidato
Cuando me maten José Neto José Neto Carmen Candidato
Just Sorcery Mario de Benito, Richelieu Morris Mario de Benito, Richelieu Morris Cosa de brujas Candidato

Mellor fotografía editar

Fotógrafo Película Resultado
Javier Aguirresarobe Soldados de Salamina Gañador
José Luis Alcaine Al sur de Granada Candidato
Paco Femenía Carmen Candidato
Alfredo Mayo O misterio Galíndez Candidato

Mellor montaxe editar

Fotógrafo Película Resultado
Iván Aledo La gran aventura de Mortadelo e Filemón Gañador
Teresa Font Carmen Candidata
Rosario Sainz de Rozas Días de fútbol Candidata
Angel Hernández Zoido Te doy mis ojos Candidato

Mellor dirección artística editar

Dirección artística Película Resultado
César Macarrón La gran aventura de Mortadelo e Filemón Gañador
Benjamín Fernández Carmen Candidato
Juan Pedro de Gaspar O lapis do carpinteiro Candidato
Félix Murcia A luz prodixiosa Candidato

Mellor dirección de produción editar

Dirección de produción Película Resultado
Luis Manso, Marina Ortiz La gran aventura de Mortadelo e Filemón Gañadores
Pilar Robla Al sur de Granada Candidata
Ana Vila Carmen Candidata
Josean Gómez O misterio Galíndez Candidato

Mellor deseño de vestiario editar

Deseñador/a Película Resultado
Ivonne Blake Carmen Gañadora[3]
Lourdes de Orduña, Montse Sancho Hotel Danubio Candidatas
Tatiana Hernández La gran aventura de Mortadelo e Filemón Candidata
Nereida Bonmate Noviembre Candidata

Mellor maquillaxe e peiteado editar

Maquillador Película Resultado
José Antonio Sánchez, Paquita Nuñez La gran aventura de Mortadelo e Filemón Gañadores
Miguel Sese, Natalia Sese Carmen Candidatos
Cristóbal Criado, Alicia López Hotel Danubio Candidatos
Karmele Soler, Francisco Rodríguez Noviembre Candidatos

Mellor son editar

Candidatos Película Resultado
Eva Valiño, Afonso Pino, Pelayo Gutiérrez Te doy mis ojos Gañadores
Silvio Darrin, Carlos Garrido, Alicia Saavedra La selva Candidatos
Licio Marcos de Oliveira, Afonso Piñeiro, Nacho Royo La vida mancha Candidatos
Agustín Peinado, Carlos Garrido, Iván Mayoral Más de mil cámaras velan por tu seguridad Candidatos

Mellores efectos especiais editar

Candidatos Película Resultado
Raúl Romanillos, Pau Costa, Julio Navarro, Félix Vergés La gran aventura de Mortadelo e Filemón Gañadores
Reyes Abades, Afonso Neto, Pablo Nuñez Al sur de Granada Candidatos
Reyes Abades, Viva Vídeo Molinare El refugio del mal Candidatos
Emilio Ruiz do Río Soldados de Salamina Candidatos

Mellor película documental editar

Película Director Resultado
Un instante en la vida ajena José Luis López Linares Gañadora
La pelota vasca, la piel contra la piedra Julio Medem Candidata
Polígono sur Dominique Abel Candidata
Suite Habana Fernando Pérez Candidata

Mellor curtametraxe de ficción editar

Película Director Resultado
Sueños Daniel Guzmán Gañador
Carisma David Planell Candidato
En camas separadas Javier Rebollo Candidato
Expres Daniel Sánchez Arevalo Candidato
Promoción (prohibida su venta) Luis Arribas Candidato

Mellor curtametraxe documental editar

Película Resultado
Los niños de Nepal Gañador
Lección de cine Candidato
Yo soy de mi barrio Candidato

Mellor curtametraxe de animación editar

Película Resultado
Regaré con lágrimas tus pétalos Gañador
La... Mantis religiosa Candidato
El tejado Candidato
La habitación inclinada Candidato
Manipai Candidato

Notas editar

  1. Redacción (25 de xaneiro de 2020). "2004 - Polémico - Historia de los Premios Goya en 33 clics". elmundo.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "18 Edición de los Premios Goya (2004) - Películas del 2003". filmaffinity.com (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2023. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 "GANADORES DE LOS PREMIOS GOYA 2004". fotogramas.es (en castelán). 16 de outubro de 2014. Consultado o 15 de febreiro de 2023.