X-Men é unha serie de filmes pertencente ó cine de superheroes baseada nos superheroes do cómic do mesmo nome, quen orixinalmente apareceron como banda deseñada da man de Stan Lee e Jack Kirby e publicado por Marvel Cómics. No ano 1994 20th Century Fox obtivo os dereitos de filme das personaxes, e logo de numerosos borradores o director Bryan Singer foi contratado para dirixir X-Men (2000) e a súa continuación, X2 (2003), mentres Brett Ratner dirixiu X-Men: The Last Stand (2006).

Logo dos filmes
Ficha técnica
ProdutorLauren Shuler Donner
Estudio20th Century Fox
Marvel Entertainment
The Donners' Company
Distribuidora20th Century Fox
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuperheores
Orzamento$1 358 000 000 (10 filmes)
Recadación$4 986 000 000 (10 filmes)
Na rede
http://www.x-menmovies.com/ e https://www.20thcenturystudios.com/franchises/x-men
Facebook: xmenmovies Twitter: XMenMovies Instagram: xmenmovies Editar o valor em Wikidata

Logo de que cada nova cinta fose recadando máis ca súa predecesora, leváronse a cabo unha serie de spin-off, incluíndo unha triloxía centrada no personaxe de Lobeto: X-Men Origins: Wolverine (2009), The Wolverine (2013) e Logan (2017). E no ano 2011 estreouse unha triloxía de precuelas sobre o grupo orixinal; X-Men: First Class (2011), continuando X-Men: Days of Future Past (2014) e como derradeira X-Men: Apocalypse (2016).

X-Men, X2, X-Men: Firts Class, The Wolverine, X-Men: Days of Future Past, Deadpool e Logan foron ben acollidas polos críticos. No caso de X-Men: The Last Stand e X-Men: Apocalypse obtiveron críticas variadas, mentres X-Men Origins: Wolverine obtivo moi malas críticas.

Con dez filmes estreados, a serie de filmes sobre os X-Men atópase no sétimo posto da recadación de fondos, logo de recadar sobre $4,9 mil millóns mundialmente. Situación que 20th Century Fox pretende continuar coas estreas no 2018 New Mutants, Deadpool 2 e Dark Phoenix.