O xénero de Deus pode ser visto como un aspecto literal ou alegórico dunha divindade. En relixións politeístas, os deuses máis comumente posúen xéneros sexuais literais que os permiten interactuar uns cos outros, e até mesmo con humanos, de maneira sexual. Porén, na maioría das relixións monoteístas non hai un ser co cal Deus poida ser comparado para concluír un xénero literal, entón a afirmación do xénero desta deidade única e solitaria é probabelmente unha analoxía de como Deus e os humanos consignan e se relacionan entre si, sen ningunha connotación sexual. Malia que o concepto de Deus é un espírito inintelixíbel en moitas relixións e, polo tanto, desprovido de xénero, o debate sobre o seu sexo medrou nas décadas recentes. A preponderancia das referencias a Deus no antigo e novo testamentos é nun contexto de figura masculina; frecuentemente é citado como "pai". A pesar disto, hai un número significativo de alegorías femininas referentes ó deus xudaico-cristián, comumente nun papel materno.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar