Xénero

páxina de homónimos

Xénero é unha palabra que significa "tipo, clase, categoría" e que ten distintos significados en galego.

Etimoloxía editar

A voz xénero vén do latín Genus, generis ('orixe, nacemento') e posteriormente 'tipo, clase, categoría, variedade'. Etimoloxicamente, o latín presenta unha raíz indoeuropea, gen-, que aparece no grego gen- 'orixinar, producir' e en varias raíces xermánicas. No inglés kind 'clase' e king 'rei', entre outras, están emparentadas coa raíz latina gen- que deixou unha notable descendencia. O francés moderno genre, o castelán e portugués género (gênero en brasileiro), o catalán gènere e o italiano genere co significado de 'tipo, clase, categoría' e un desenvolvemento semántico similar proceden, coma o galego, do latín. Os descendentes cultos da mesma familia xene, xénese e osíxeno (tamén grafado osíxeno) incorporados a partir do grego e do latín conservan o sentido etimolóxico. No inglés o sentido biolóxico foi asumido polo latinismo genus, o sentido artístico polo galicismo genre.

O filósofo grego Protágoras foi, segundo Aristóteles, o o primeiro en usar os termos masculino, feminino e neutro para clasificar os nomes introducindo o concepto de xénero gramatical na cultura lingüística occidental.