Worst Case Scenario

Worst Case Scenario é o álbum de estrea da banda belga de rock alternativo dEUS, editado o 16 de setembro de 1994. A súa portada está deseñada polo guitarrista Rudy Trouvé e contén o sinxelo "Suds & Soda", que se converteu nun éxito e é un dos temas favoritos dos seus seareiros.

Worst Case Scenario
Álbum de dEUS
Publicado16 de setembro de 1994
Duración55:13
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Bang!, Island Records
Producido porPeter Vermeersch, Pierre Vervloesem
Cronoloxía
Zea Worst Case Scenario My Sister = My Clock

O álbum foi lanzado inicialmente en Bélxica polo selo Band! cunha lista de temas distinta: "Right as Rain" e "Great American Nude" (ámbolos dous presentes no EP Zea) foron substituídos por "Let Go". Foi despois editado no Reino Unido e Europa pola Island Records coa listaxe que aparece debaixo.

Worst Case Scenario recibiu boas críticas internacionais e acadou o ouro en Bélxica, vendndo 30.000 copias. No mes de abril do 2008 o álbum levaba vendidas 270.000 copias en todo o mundo[1].

Listaxe de cancións editar

  1. "Intro" (Tom Barman, Jules de Borgher) – 0:24
  2. "Suds & Soda" (dEUS) – 5:14
  3. "W.C.S. (First Draft)" (Barman, Stef Kamil Carlens)– 5:05
  4. "Jigsaw You" (Barman, Carlens) – 2:26
  5. "Morticiachair" (dEUS) – 4:23
  6. "Via" (Barman, Mark Meyers) – 4:12
  7. "Right as Rain" (Barman, Rudy Trouvé, Carlens) – 4:27
  8. "Mute" (Barman) – 3:57
  9. "Let's Get Lost" (Barman, Carlens) – 4:23
  10. "Hotellounge (Be the Death of Me)" (Barman, Trouvé) – 6:23
  11. "Shake Your Hip" (dEUS) – 0:41
  12. "Great American Nude" (Trouvé) – 5:39
  13. "Secret Hell" (Barman) – 4:59
  14. "Divebomb Djingle" (Carlens, Ward, Christie) – 3:00

Notas editar