World of Warcraft

videoxogo de rol online multixogador masivo

World of Warcraft, tamén abreviado WOW, é un videoxogo de rol online multixogador masivo desenvolvido por Blizzard Entertainment dispoñible para os sistemas operativos Windows e Mac OS X. Baséase no mundo de ficción e a historia de Warcraft onde se adopta o papel dun personaxe virtual que interactúa con outros personaxes e desenvolve situacións nun ambiente fantástico como nun xogo de rol. Consta de tres expansións oficiais unha chamada World of Warcraft: The Burning Crusade, e a outra chamada World of Warcraft: Wrath of the Lich King e World of Warcraft: Cataclysm. As revisións de parches tamén engaden novos contidos e son bastante frecuentes.

World of Warcraft
Desenvolvedor(es)Blizzard Entertainment
Distribuidora(s)Blizzard Entertainment
Deseñador(es)Rob Pardo
Compositor(es)Tracy W. Bush
Lanzamento23 de novembro de 2004
XéneroMMORPG, Fantasía épica, science fantasy video game e fantasy video game
Modos de xogovideoxogo multixogador
Clasificación PEGI
USK
Plataforma(s)Microsoft Windows e macOS
Na rede
https://worldofwarcraft.com/
IMDB: tt0433664 Facebook: Warcraft Twitter: Warcraft Instagram: warcraft Youtube: UCbLj9QP9FAaHs_647QckGtg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A aceptación do xogo foi enorme. De feito, Blizzard Entertainment anunciou que nos primeiros días de xaneiro de 2010 existían máis de 12 millóns de xogadores rexistrados pagando a subscrición que costa o xogo cada dous meses. A esta cifra poderíase engadir ó millón máis que xogan xogadores de contas de proba e ós 6 millóns máis que xogan nos servidores piratas ou non oficiais elevando a cifra aos 17 millóns de xogadores.

Sinopse editar

A historia sitúase 4 anos despois da de Warcraft III. Cambia o xénero da estratexia en tempo real polo do rol. Existen dous bandos, a Alianza e a Horda. Cada un destes bandos está composto por seis razas (catro se non temos ningunha expansión)entre as que pode elixir o xogador.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.