World War Z

novela de terror escrita por Max Brooks

World War Z: An Oral History of the Zombie War é unha novela apocalíptica e de terror de 2006 escrita polo autor estadounidense Max Brooks. A novela é unha colección de relatos narrados por un axente da Comisión Posbélica das Nacións Unidas, despois dun devastador conflito mundial contra unha praga de zombis. Algunhas pasaxes recollen unha loita desesperada durante décadas por persoas de diferentes nacionalidades. Os relatos persoais tamén describen os cambios sociais, políticos, relixiosos e ambientais resultantes.

World War Z
Título orixinalWorld War Z
Autor/aMax Brooks
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
EditorialCrown
Data de pub.12 de setembro de 2006
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas342
ISBNISBN 0-307-34660-9
Precedido porThe Zombie Survival Guide
editar datos en Wikidata ]

World War Z é a continuación do manual de supervivencia de Brooks, The Zombie Survival Guide (2003), pero o seu ton é moito máis serio. Está inspirada en The Good War: An Oral History of World War Two (1984) de Studs Terkel, e nos filmes de zombis de George A. Romero. Brooks empregou World War Z para comentar a ineptitude e o isolacionismo dos Estados Unidos, e asemade trata os temas do supervivencialismo e a incerteza. A novela foi un éxito comercial e foi gabada pola crítica.

A súa versión en audiolibro, que contou coas voces de Alan Alda, Mark Hamill e John Turturro, gañou un premio Audie en 2007. O filme homónimo, dirixido por Marc Forster e protagonizado por Brad Pitt, foi estreado no 2013.