Woody Allen

director de cine, guionista, actor, músico e cómico estadounidense

Allan Stewart Koningsberg, coñecido como Woody Allen, nado o 30 de novembro[1][2][3][4] do ano 1935 en Nova York, é un director de cine, guionista, actor, músico e cómico estadounidense.

Infotaula de personaWoody Allen

(2011) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Heywood Allen Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Allan Stewart Konigsberg Editar o valor em Wikidata
30 de novembro de 1935 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Bronx (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoXudeus estadounidenses Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo e Agnosticismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónNew York University Tisch School of the Arts (en) Traducir
Midwood High School (en) Traducir
Universidade de Nova York Editar o valor em Wikidata
Altura163 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , actor de xénero , músico de jazz , xornalista , compositor , escritor de ciencia ficción , realizador , dramaturgo , escritor , humorista , clarinetista , actor de cinema , produtor de cinema , guionista , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorThe New School (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoClarinete Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoCapitol Records Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeSoon-Yi Previn (1997–)
Louise Lasser (pt) Traducir (1966–1970)
Harlene Susan Rosen (en) Traducir (1956–1959) Editar o valor em Wikidata
ParellaMia Farrow (1980–1992)
Diane Keaton (1970–1971) Editar o valor em Wikidata
FillosRonan Farrow (pt) Traducir
 () Mia Farrow
Manzie Tio Allen (en) Traducir, filla adoptiva
 () Soon-Yi Previn
Dylan Farrow (pt) Traducir, filla adoptiva
 () Mia Farrow
Moses Farrow, fillo adoptivo
 () Mia Farrow
Bechet Dumaine Allen (en) Traducir, filla adoptiva
 () Soon-Yi Previn Editar o valor em Wikidata
PaisMartin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Nettie Königsberg (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLetty Aronson (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webwoodyallen.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000095 Allocine: 357 Rottentomatoes: celebrity/woody_allen Allmovie: p79388 158123 TV.com: people/woody-allen IBDB: 9226
Facebook: WoodyAllen Instagram: woodyallenofficial Youtube: UCqtNz9Vk6NbfQO8dFqfEm-w Dialnet: 814159 Spotify: 7HPDGnxb8oSBQ0HuNx2xqR Last fm: Woody+Allen Musicbrainz: f7476fda-687e-4d11-a02e-cfb88558867d Songkick: 366139 Discogs: 694549 Allmusic: mn0000678950 WikiTree: Konigsberg-13 Editar o valor em Wikidata

Ao longo da súa carreira gañou varios Óscars. O seu elevado número de traballos e o seu peculiar estilo convérteno nun dos directores de cine máis respectados e prolíficos dos últimos tempos. Escribe e dirixe tódalas súas películas e mesmo adoita actuar en gran parte delas. As súas obras inspíranse en múltiples temas: literatura, filosofía, psicoloxía, cine europeo e a cidade de Nova York, lugar onde naceu e onde viviu toda a súa vida. As súas grandes influenzas cinematográficas están en directores europeos coma Ingmar Bergman e Federico Fellini, e tamén comediantes coma Groucho Marx e Bob Hope.

Biografía editar

Orixe editar

Nace en Nova York no seo dunha familia xudía de ascendencia rusa e austríaca. Os seus pais son Martin Köningsberg (Nova York, 1900-2001) quen tivo diversos traballos, como taxista ou camareiro, e a contable Nettea Konigsberg (Nova York, 1908-2002), ambos de crenzas xudías. Tamén ten unha irmá máis nova, a produtora Letty Aronson (Nova York, 1943).

Woody Allen pasou a súa infancia na poboación de Flatbush, unha zona de Brooklyn, Nova York. Estudou oito anos nunha escola xudía, logo nunha escola pública e finalmente no instituto Midwood High School. Pese a ser un rapaz intelixente nunca destacou especialmente nos estudos.

Xa de mozo comezou a gañar cartos escribindo chistes para un axente que llelos vendía ós xornais. Durante a súa infancia aprende a toca-lo violín, o que lle axudaría máis tarde na creación das bandas sonoras das súas películas e a converterse nun grande intérprete do clarinete, que adoita tocar en público xunto cunha banda de jazz.

Cinema editar

 
Escultura de Woody Allen en Oviedo

Con dezaseis anos comeza a escribir para xente famosa coma o actor e escritor Sid Caesar. É nesta época cando troca o seu nome polo de Woody Allen. Ós dezaoito anos matricúlase na Universidade de Nova York, na que estuda cinematografía, pero ante as malas cualificacións acadadas abandona os estudos.

Ós dezanove anos comeza a escribir guións para programas norteamericanos coma The Ed Sullivan Show ou The Tonigh Show. Mentres traballa para o programa de Sid Caesar, Caesar's Hour, coñece a Danny Simon, un famoso guionista de comedias ó que lle pide axuda á hora de estruturar os seus escritos. É tamén neste tempo cando comeza a escribir relatos curtos, a maioría para The New Yorker, e representacións teatrais.

Na década de 1960 inicia a súa carreira como monologuista. Nesta década comeza tamén a escribir guións para a serie de televisión Candid Camera, na que mesmo actúa nalgúns dos episodios. Co tempo os seus traballos caracterizaranse pola súa personalidade neurótica, nerviosa e tímida, trazos característicos das súas personaxes cinematográficas posteriores.

A finais dos anos sesenta escribe pezas de teatro en Broadway, entre as que destacan Play it again Sam. Será en 1969 cando Woody Allen dirixa un guión propio que lle tiña ofrecido ó director británico Val Guest e a Jerry Lewis. Esa película é Take the money and run.

Nos anos setenta xermola a súa relación con Diane Keaton, protagonista da maior parte das súas películas desa época. É unha década de películas de corte narrativo, cómico e surrealista como O durmiñón ou A derradeira noite de Boris Grushenko.

No ano 1977, a carreira de Woody Allen xira de xeito importante logo de dirixi-la película Annie Hall, que foi galardoad con catro premios Óscar: mellor filme, mellor director, mellor actriz e mellor guión. Destaca o feito de que non acudiu a recollelos, senón que preferiu ir tocar coa súa banda ao Michael's Pub, como cada luns.

Nos anos oitenta Mia Farrow substitúe a Diane Keaton tanto no amor como nos filmes. Porén, nunca casaron nin viviron xuntos, senón que residían en lados opostos de Central Park.[5] Nesta época realiza películas como A rosa púrpura do Cairo ou Hannah e as súas irmás, Óscar ó mellor guión. A relación con Mia Farrow entrou en crise a comezos da década de 1990 e rematou cunha violenta ruptura.[6]

Dende a década de 1990, Woody Allen vive con Soon-Yi Previn, filla adoptiva da súa exparella Mia Farrow e o seu marido naquel tempo, o director de orquestra e pianista André Previn. Casaron en 1997.[7][8]

Filmografía editar

Recoñecementos editar

En 2002, recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes.[9] En 2007, recibiu o doutoramento honoris causa pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.[10]

Notas editar

  1. https://books.google.com/books?id=81HYDwAAQBAJ&pg=PT11
  2. https://time.com/4100521/woody-allen-biography
  3. https://www.yahoo.com/entertainment/celebrity-actor-director-birthdays-week-163947283.html
  4. https://web.archive.org/web/20230903021451/http://www.bfi.org.uk/films-tv-people/4ce2b9ef3006f
  5. Lax, Eric (February 24, 1991). "Woody and Mia: A New York Story". The New York Times. p. 5 of 12. Consultado o 21-11-2011. They are not married, neither do they live together; their apartments face each other across Central Park. 
  6. Gliatto, Tom. "A Family Affair". People. Consultado o November 5, 2011. 
  7. Tait, Robert (5-5-2016). "Woody Allen 'immune' to criticism over affair with former partner's daughter". The Telegraph (Telegraph Media Group Limited). Consultado o 2-9-2016. 
  8. Fields-Meyer, Thomas (12-1-1998). "Love in Venice". People (Time Inc.). Arquivado dende o orixinal o 16-08-2016. Consultado o 4-5-2016. 
  9. "Acta do xurado. Artes 2002". fundacionprincipedeasturias.org/ (en castelán). 4 de xuño de 2002. Archived from the original on 29 de setembro de 2007. Consultado o 1 de xuño de 2021. 
  10. "Woody Allen, Doctor honoris causa de la UPF". upf.edu (en catalán). 14 de xuño de 2007. Consultado o 7 de novembro de 2023. 

Véxase tamén editar