Winx Club é unha serie de televisión animada italiana, realizada polos estudios Rainbow S.r.l., e creada e dirixida por Iginio Straffi, a partir do 2004. O éxito da serie deu lugar a unha franquía internacional de xoguetes, libros, roupa, videoxogos, DVD e dúas películas.

Winx Club

Editar o valor em Wikidata
FormatoMaxia, Acción, Aventuras, Amor
Creado porIginio Straffi
IntérpretesAnimación
País de orixeItalia
Episodios130 ata agora
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Iginio Straffi
Duración26 minutos por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixeFox Kids
Jetix
Rai Due
Rai Gulp
Primeiro episodio28 de xaneiro de 2004
Na rede
https://winxclub.com/en
IMDB: tt0421482 Allocine: 5654 Rottentomatoes: tv/winx_club Metacritic: tv/winx-club TV.com: shows/winx-club
Youtube: UCNq_98Jas6jHzbkPaI08cXQ Musicbrainz: 547894b6-bdd6-4723-a4cf-8d584885c7fb Netlix: 70177033Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

As Winx son unhas adolescentes guapas, con moito estilo e un don especial para a maxia. A historia (excepto na cuarta tempada que transcorre na Terra) transcorre no mundo máxico de Magix, poboado por fadas, bruxas, monstros e humanos, e conta a loita clásica entre o ben e o mal. As Winx van á escola de fadas Alfea e unen as súas forzas cos especialistas da escola Fonte Vermella para vencer as aprendices da escola de bruxas Torre de Nubes. As rapazas necesitarán todo o seu talento e poderes para lograr o seu labor.

Sinopse editar

Bloom, unha moza terrestre, vive na Terra, nunha vila chamada Gardenia cos seus pais: Mike e Vanessa. Ten como mascota a Kiko, o seu fiel coello e o seu compañeiro de aventuras. Ela ten unha vida normal: vai a unha escola, ten amigas, inimigas etc. Pero ten unha corazonada, que é que, moi no fondo, ela cre nas fadas (aínda que a súa nai crea que son bobadas). Un día, foi ao parque coa súa bicicleta nova (regalada polo seu 16 aniversario) e con Kiko na canastra da súa bici. Cando chegaron, díxolle a Kiko que non se afastase moito. Ela deixou a bici estacionada, sentou debaixo dunha árbore e dispúxose a comer unha mazá. De súpeto dun arbusto, saíu Kiko moi asustado. Pola expresión da súa cara, parecía que vira algo horrible e difícil de crer. Bloom seguiu o camiño que lle guiaba Kiko e escondeuse detrás dunha árbore. Asomouse e viu unha rapaza con ás nas súas costas, cun gran cetro de prata que irradiaba luz e loitando contra uns monstros e un ogro. Cando a fada case estaba derrotada, Bloom comeza a tirarlles pedras para axudala, posto que non se lle ocorría outra cousa e o ogro ordenou aos monstros que a atacasen. Sen saber o que ía pasar, Bloom estendeu unha man como simulacro de querer protexerse e dela saíu un campo de enerxía que permitiu que non lle fixesen dano. O xefe da banda de monstros (Knut, un ogro) deuse conta de que Bloom non era unha rapaza normal, e decidiu atacala por segunda vez, polo que foi e colleuna polas mans, elevándoa do chan. Bloom gritou e dela saíu un gran dragón de lume, que con este último ataque, derrotou os monstros. A fada díxolle que era moi poderosa e presentouse: dille que o seu nome é Stella, que é a princesa de Solaria e moi probablemente, Bloom é un fada. Así comeza todo, Bloom deixa a Terra para ir con Stella a Alfea, a grande escola para fadas. Alí coñece a Flora, a Musa e a Tecna. Tamén coñece os especialistas: Sky, Brandon, Timmy e Riven. Namórase de Brandon (en realidade é o príncipe Sky que se fai pasar polo seu escolta, Brandon, e este, que se fai pasar polo príncipe Sky, é noivo da fada Stella). Tamén coñecerá as malvadas Trix: Icy, Darcy e Stormy. Pronto, Bloom descubrirá moitos segredos, como que ela é a princesa de Domino, que é adoptada e que os seus verdadeiros pais, os reis de Domino, están desaparecidos, e que o seu poder é o máis potente do universo…

Na segunda tempada, únese outra fada chamada Layla ás Winx; ela é a fada da auga e dos líquidos. Na película da cuarta tempada Bloom coñece os seus pais biolóxicos, os reis de Domino: Oritel e Marion, que pensaba que estaban mortos, aínda que en realidade estaban atrapados na prisión da Dimensión Obsidiana. Agora preséntase unha nova aventura para as rapazas do Winx Club; logo de graduarse de Alfea, a escola de fadas, e de converterse en fadas gardiás, as Winx emprenden unha misión á Terra para atopar a última fada da Terra e salvala duns cazadores de fadas chamados Feiticeiros do Círculo Negro que queren o seu poder. É así como coñecen a Roxy, a fada dos animais. Ela nun principio desconfiaba do seu poder pero coa axuda das Winx empeza a crer nas fadas. Grazas a Roxy, as Winx atopan unha nova evolución de poder, o Believix, que é unha fonte de poder que as Winx xamais imaxinaron ter. Para gañar poder deben facer que a xente crea nelas. A nova historia desenvólvese na Terra e as rapazas viven aventuras fantásticas onde poñen a proba a súa amizade e a súa confianza nelas mesmas, e móstranlle ao mundo que as fadas son reais.

Na quinta tempada, baixo a auga, as Winx terán que enfrontarse a un terrible inimigo, Tritannus. El era un tritón normal que mutou nun poderoso monstro por causa da contaminación dos seres humanos. O seu principal obxectivo é gobernar todo o océano. O poder Believix non é o suficientemente forte baixo a auga, polo que as Winx empezan a procura dun desafío para obter o antigo poder Sirenix e converterse en Fadas-Sereas. Marabillosas criaturas mariñas chamadas Selkies axudarán as fadas nesta misión imposible.

Episodios editar

Tempada 1 editar

  1. Un acontecemento inesperado (Una fata a Gardenia)
  2. Benvida a Magix (Benvenuti a Magix!)
  3. A escola Alfea para fadas (L’anello di Stella)
  4. O pantano da Lama Negra (La palude di Melmamora)
  5. Encontro co desastre (Appuntamento al buio)
  6. Misión en Torre de Nubes (Missione a Torrenuvola)
  7. Amigas en apuros (A che servono gli amici?)
  8. Unha amizade arruinada (La festa della rosa)
  9. Traizoados (Il tradimento di Riven)
  10. A proba de Bloom (La fiamma del drago)
  11. O monstro e o salgueiro (Il regno delle ninfe)
  12. Miss Magix (Miss Magix)
  13. A filla do Fogo (La figlia del fuoco)
  14. O segredo escuro de Bloom (Il segreto di Bloom)
  15. Honra por riba de todo (Voci dal passato)
  16. Feitizo xeado (Il nemico nell’ombra)
  17. Segredos e máis segredos (Il segreto di Brandon)
  18. A fonte da Chama do Dragón (Addio Magix!)
  19. A caída de Magix (Attacco ad Alfea)
  20. Misión en Domino (La scomparsa di Bloom)
  21. A coroa dos soños (Trappola di ghiaccio)
  22. Tempestade en Torre de Nubes (Il ritorno di Riven)
  23. Loita de poderes (Fuga da Torrenuvola)
  24. Asedio ás bruxas (Il mistero del lago)
  25. O desafío final (Il sonno di Magix)
  26. A caída das bruxas (Battaglia finale)

Tempada 2 editar

  1. O Fénix das sombras (La fenice d’ombra)
  2. O regreso das Trix (Il ritorno delle Trix)
  3. Misión de rescate (Missione di salvataggio)
  4. A princesa Amentia (La principessa Amentia)
  5. A unión máxica (Magico Bonding)
  6. A voda de Brandon (Il matrimonio di Brandon)
  7. A pedra misteriosa (La pietra misteriosa)
  8. Desfai-praceres (Il guasta feste)
  9. O segredo do professor Avalon (Il segreto del professor Avalon)
  10. A sala do códice (La cripta del codice)
  11. Loita contra o tempo (Corsa contro il tempo)
  12. Winx xuntas (Unite per la vittoria)
  13. As Pixies invisibles (La dama del ballo)
  14. Batalla no planeta Eraklyon (Battaglia sul pianeta Eraklyon)
  15. O espectáculo ten que continuar (Lo spettacolo continua)
  16. Hallowinx (Hallowinx!)
  17. Alianza coas bruxas (Gemellaggio con le streghe)
  18. No corazón de Torre de Nubes (Nel cuore di Torrenuvola)
  19. O espía nas sombras (La spia nell’ombra)
  20. A aldeia das Pixies (Il villaggio delle Pixies)
  21. O poder Charmix (Il potere del Charmix)
  22. Perigo nas Terras Salvaxes (Wildland: La grande trappola)
  23. O momento da verdade (Il momento della verità)
  24. Prisioneira de Darkar (Prigioniera di Darkar)
  25. Fronte a fronte co inimigo (Faccia a faccia con il nemico)
  26. O Fénix é revelado (Le ceneri della Fenice)

Tempada 3 editar

  1. O baile de princesas (Il ballo della principessa)
  2. A marca de Valtor (Il marchio di Valtor)
  3. A fada e a besta (La principessa e la bestia)
  4. O espello da verdade (Lo specchio della verità)
  5. O mar do terror (Il Mare di Paura)
  6. A elección de Layla (La scelta di Aisha)
  7. A compañía da luz (La compagnia della luce)
  8. Un adversario desleal (Una sleale avversaria)
  9. O corazón e a espada (Il cuore e la spada)
  10. Alfea baixo asedio (Alfea sotto assedio)
  11. Trampa ás fadas (Trappola per fate)
  12. As bágoas do salgueiro negro (Le lacrime del salice nero)
  13. Un último bater de ás (Un ultimo battito d’ali)
  14. Furia! (Furia!)
  15. A illa dos dragóns (L’isola dei draghi)
  16. A partir das cinzas (Dalle ceneri)
  17. Na cova das serpes (Nella tana del serpente)
  18. A caixa de Valtor (Lo scrigno di Valtor)
  19. No último momento (All’ultimo minuto)
  20. As Pixies atacan (La carica delle Pixies)
  21. A torre vermella (La torre rossa)
  22. O labirinto de cristal (Il labirinto di cristallo)
  23. O desafío aos feiticeiros (La sfida dei maghi)
  24. A revelación das bruxas (La rivelazione delle streghe)
  25. A rabia do feiticeiro (L’ira dello stregone)
  26. Un novo comezo (Un nuovo inizio)

Tempada 4 editar

Película: O segredo do reino perdido (Il Segreto Del Regno Perduto)

  1. Os cazadores de fadas (I cacciatori di fate)
  2. A árbore da vida (L’Albero della vita)
  3. A última fada da Terra(L’ultima fata della Terra)
  4. Amor e Peluches (Love & Pet)
  5. O agasallo de Mitzi (Il regalo del Mitzi)
  6. Unha fada en perigo (Una fata in pericolo)
  7. Winx Believix (Winx Believix)
  8. O Círculo Branco (Il Cerchio Bianco)
  9. Nébula (Nebula)
  10. A canción de Musa (La canzone di Musa)
  11. Winx Club para sempre (Winx Club per sempre)
  12. Pai! Son unha fada! (Papà! Sono una fata!)
  13. O ataque dos feiticeiros (L’attacco degli stregoni)
  14. 7: O número perfecto (7: Il numero perfetto)
  15. Leccións de maxia (Lezioni di magia)
  16. Un mundo virtual (Un mondo virtuale)
  17. A illa encantada (L’isola incantata)
  18. A furia da natureza (La furia della natura)
  19. No reino de Diana (Nel regno de Diana)
  20. Os dons do destino (I doni del destino)
  21. A cova de Sibylla (La caverna di Sibylla)
  22. A torre xeada (La torre gelata)
  23. Bloom contra Nébula(La prova di Bloom)
  24. O día da xustiza (Il giorno della giustizia)
  25. O segredo de Morgana (Il segreto di Morgana)
  26. Xeo e fogo (Ghiaccio e fuoco)

Tempada 5 editar

Película: A aventura máxica (Winx Club 3D - Magica avventura)

  1. A vertedura (Minaccia dall’oceano)
  2. A mutación de Tritannus (L’ascesa di Tritannus)
  3. Regreso a Alfea (Ritorno ad Alfea)
  4. O libro do Sirenix (Il libro Sirenix)
  5. A lila máxica (Il magico Lilo)
  6. O poder do Harmonix (Potere Harmonix)
  7. As cunchas relucentes (Le conchiglie luccicanti)
  8. A canción do rubí (La melodia del rubino)
  9. A xema da empatía (La gemma dell’empatia)
  10. Nadal en Alfea (Natale ad Alfea)
  11. Os trucos das Trix (Le Trix in agguato)
  12. Proba de coraxe (Prova di coraggio)
  13. Fadas Sirenix (Le fate Sirenix)
  14. O trono do emperador (Il trono dell’imperatore)
  15. A columna da luz (Il pilastro della luce)
  16. A eclipse (L’eclissi)
  17. O ollo da inspiración das fadas (L’occhio che ispira le fate)
  18. O devorador de Selkies (Il divoratore)
  19. A canción das baleas (Le balene del canto)
  20. Os problemas do amor (Problemi sentimentali)
  21. Un encontro perfecto (Un appuntamento perfetto)
  22. Escoita o teu corazón (Ascolta il tuo cuore)
  23. O ollo do tiburón (Sulle tracce di Politea)
  24. A alma do océano (Il respiro dell’oceano)
  25. O último descubrimento (Scontro epico)
  26. A caída de Tritannus (La fine dell’incubo)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar