Winter's Bone

Filme de 2010 dirixido por Debra Granik

Winter's Bone é un filme independente estadounidense dirixido e escrito por Debra Granik que se estreou no 2010. Baséase na novela homónima de Daniel Woodrell. Está protagonizado por Jennifer Lawrence, que interpreta a unha adolescente dunha zona rural dos Estados Unidos, que para protexer a súa familia, debe atopar ó seu pai desaparecido.

Winter's Bone
Ficha técnica
Título orixinalWinter's Bone
DirectorDebra Granik
ProdutorAnne Rosellini
Alix Madigan
GuiónDebra Granik
Anne Rosellini
Baseado enWinter's Bone de Daniel Woodrell
IntérpretesJennifer Lawrence
John Hawkes
Lauren Sweetser
Garret Dillahunt
Dale Dickey
Shelley Waggener
MúsicaDickon Hinchliffe
FotografíaMichael McDonough
MontaxeAffonso Gonçalves
DistribuidoraRoadside Attractions
EstreaFestival de Sundance: 21 de xaneiro de 2010
11 de xuño de 2010
Duración100 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$2 000 000[1]
Recadación$13 831 503[2]
Na rede
http://www.wintersbonemovie.com/
IMDB: tt1399683 Filmaffinity: 994724 Allocine: 177805 Rottentomatoes: m/10012136-winters_bone Mojo: wintersbone Allmovie: v507386 TCM: 784391 Metacritic: movie/winters-bone TV.com: movies/winters-bone Netlix: 70129374Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Ree Dolly (Lawrence) vive nunha zona rural dos montes de Missouri. É unha rapaza de 17 anos que ten que facerse cargo da súa familia nunha situación de estrema precariedade. O seu pai Jessup, tras saír do cárcere en liberdade condicional, desapareceu de súpeto, e se non aparece, en poucos días perderán a casa onde Ree vive coa súa nai enferma e os seus dous irmáns máis novos. Atopar ó seu pai convértese entón para a moza nunha cuestión vital.

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

  • 2010: 83ª edición dos Oscar: 4 nomeamentos, incluíndo mellor filme e actriz (Jennifer Lawrence).
  • 2010: Sundance: Gran Premio do Xurado, Mellor guión.
  • 2010: NBR - Asociación de Críticos Norteamericanos: 2 premios.
  • 2010: Gotham Awards: Mellor filme, mellor elenco de actores. 3 nomeamentos.
  • 2010: 2 Independent Spirit Awards: Mellor actor sec w actriz sec. 7 nomeamentos, incluíndo mellor filme.
  • 2010: Asociación de Críticos dos Ánxeles: Finalista a mellor actriz (Jennifer Lawrence).
  • 2010: American Film Institute (AFI): Top 10 - Mellores filmes do ano.
  • 2011: Premios Guldbagge (Suecia): Nomeado a mellor filme estranxeiro.
  • 2010: 4 nomeamentos Critics' Choice Awards, incluíndo mellor filme e actriz.
  • 2010: Asociación de Críticos de Chicago: Mellor Intérprete revelación. 6 nomeamentos.

Notas editar

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "Winter's Bone (2010)". Box Office Mojo. Consultado o 25 de marzo de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar