Winnie Madikizela-Mandela

Activista e política surafricana

Winnie Madikizela-Mandela, nada como Nomzamo Winifred Zanyiwe Madikizela en Bizana o 26 de setembro de 1936,[1] e finada en Xohanesburgo o 2 de abril de 2018,[2] foi unha activista antiapartheid e política surafricana, máis coñecida como Winnie Mandela. Exerceu diversas funcións no goberno surafricano, incluíndo Ministra de Artes, Cultura, Ciencia e Tecnoloxía. Era membro do partido Congreso Nacional Africano, servindo no Comité da Executiva Nacional e na Liga das mulleres.

Infotaula de personaWinnie Madikizela-Mandela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mamao Dineo Maledi Editar o valor em Wikidata
26 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Bizana, Suráfrica (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte2 de abril de 2018 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Xohanesburgo, Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Gripe Editar o valor em Wikidata)
Membro da Asemblea Nacional de Suráfrica
21 de maio de 2014 – 2 de abril de 2018
Membro da Asemblea Nacional de Suráfrica
6 de maio de 2009 – 6 de maio de 2014
Parlamentaria
2009 – 2018
Parlamentaria
1994 – 2003 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMam' Winnie Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeSuráfrica Editar o valor em Wikidata
RelixiónMetodismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Suráfrica
Universidade de Witwatersrand Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Soweto Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoCongreso Nacional Africano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Outro
CónxuxeNelson Mandela (1958–1996) Editar o valor em Wikidata
FillosZindzi Mandela, Zenani Mandela-Dlamini Editar o valor em Wikidata
Condenado porfraude Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0541692 WikiTree: Madikizela-1 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nada no seo dunha familia xosa na daquela Unión Surafricana, estudou traballos sociais en Jan Hofmeyr. En 1958, casou co activista antiapartheid Nelson Mandela en Xohanesburgo. Estiveron casados durante 38 anos e tiveron dous fillos xuntos. En 1963, Mandela foi encarcerado despois do xuízo de Rivonia e dende entón ela converteuse na súa cara pública durante os 27 anos que estivo na cadea. Durante este período, converteuse nunha figura de moita relevancia dentro do movemento antiapartheid. Foi arrestada e detida polos servizos de seguridade do estado en varias ocasións e estivo varios meses en confinamento.

Notas editar

  1. Winnie Mandela. nndb.com
  2. Sermos Galiza, ed. (2 de abril de 2018). "Morre a activista anti-apartheid Winnie Mandela". Consultado o 13 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén editar