Winnie-the-Pooh, é un personaxe de ficción (un osiño amarelo) creado por A.A. Milne. A primeira colección de contos apareceu no 1926 titulada simplemente Winnie-the-Pooh e seguiu con The House at Pooh Corner (1928). Milne tamén fixo algúns poemas sobre este personaxe incluídos na obra When We Were Very Young (Cando eramos moi novos) (1924) e en Now We Are Six (Agora somos seis) (1927). Os catro volumes foron ilustrados por E.H. Shepard.

Personaxes de Winnie-the-Pooh tallados en madeira

A Compañía Walt Disney adaptou os contos con grande éxito.

Traduciuse a numerosos idiomas, incluído o latín (Winnie ille Pu) en 1958.

Orixe editar

 
Xoguetes orixinais: Tigger, Kanga, Winnie the Pooh, Eeyore, e Piglet.
 
Winnie-the-Pooh- White River, Ontario

Milne púxolle aos personaxes os nomes dos osiños de peluxe de seu único fillo, Christopher Robin, no que baseou o personaxe do neno (o humano) dos contos, agás o moucho e mais o coello (Owl e Rabbit), e o personaxe de Gopher engadido na versión da Disney. Os xoguetes orixinais que eran de Christopher Robin se exhibeixen na Biblioteca Main Branch de Nova York [1]

O nome de Winnie-The-Pooh provén dun oso pardo canadense que o fillo de A.A. Milne viu no zoo de Londres e dun cisne que el vía durante as vacacións. Cando o oso era aínda un cachorro, mercouno un militar canadense que lle puxo o nome de Winnie pois o militar era orixinario de Winnipeg, no Canadá. Este animal levouse até Inglaterra onde se converteu en mascota militar e finalmente parou no zoo de Londres rematando a primeira guerra mundial, onde era moi popular entre os visitantes.[2] O cisne Pooh aparece coma personaxe na obra When We Were Very Young.

Disney editar

Logo de que o ilustrador Slesinger finase no 1953, a súa viúva, Shirley Slesinger Lasswell, continuou ela mesma a debuxar o personaxe. No 1961, vendeu os dereitos de autor á Walt Disney Productions.[3] O mesmo fixo Daphne Milne incluíndo dereitos cinematográficos.

Dende 1966, a Disney realizou numerosas producións de debuxos animados baseadas en Winnie the Pooh e os seus amigos.

Adaptación soviética editar

 
Selo soviético cos personaxes de Winnie the Pooh

De 1969 a 1972 e con nome ruso de Vinni Pukh (Винни-Пух) fíxose unha triloxía de debuxos animados para a Soiuzmultfilm dirixida por Fiodor Khitruk. Os personaxes estaban debuxados dun xeito moi diferente ás anteriores ilustracións sendo a cor do osiño marrón no canto do amarelo da versión da Disney.

Notas editar

  1. "The Adventures of the Real Winnie-the-Pooh. The New York Public Library.
  2. "Winnie". Arquivado 30 de decembro de 2010 en Wayback Machine. Historica Minutes, The Historica Foundation of Canada. Consultado o 30 de maio de 2008.
  3. "The Curse of Pooh." Arquivado 18 de xuño de 2007 en Wayback Machine. Fortune.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar