Wilt é unha novela en lingua inglesa do escritor inglés Tom Sharpe, publicada por vez primeira en 1976 por Secker and Warburg.

Wilt
Autor/aTom Sharpe
OrixeInglaterra
Linguainglés
Xénero(s)Novela
EditorialSecker and Warburg
Data de pub.1976
Seguido porThe Wilt Alternative (1979)
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

Henry Wilt é un profesor de literatura nun centro de formación profesional do sur de Inglaterra. Ten baixa autoestima porque está infravalorado laboralmente, e non está contento coa súa relación de parella coa súa esposa Eva, poderosa fisicamente pero emocionalmente inmatura, e imaxina formas para matala. Logo dunha concatenación de sucesos, entre os cales está ficar enganchado a unha boneca inchable, comeza unha xornada delirante para o protagonista. Vive o caos e a humillación, pero logo de ser detido pola policía descobre as súas propias forzas e a súa dignidade, nunha loita dialéctica co tenaz inspector de policía Flint.

Narración editar

A obra está narrada en terceira persoa nun estilo cómico.

Adaptacións editar

Wilt foi levada ó cine en 1989 por Michael Tuchner.