Wilson Chandler

baloncestista estadounidense

Wilson Chandler, nado o 10 de maio de 1987 en Benton Harbor, Míchigan, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Zhejiang Lions da Chinese Basketball Association (CBA).

Wilson Chandler
Zhejiang Lions  – No. 50
Información persoal
Nacemento 10 de maio de 1987 (36 anos)
Míchigan Benton Harbor, Míchigan
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Posición Ala
Información da carreira
Instituto Benton Harbor
(Benton Harbor, Míchigan)
Universidade DePaul (2005–2007)
NBA Draft 2007 / Rolda: 1 / Elección: 23
Por New York Knicks
Carreira dende 2007
Historial de equipos
New York Knicks (2007–2011)
Denver Nuggets (2011)
Zhejiang Lions (2011–2012)
Denver Nuggets (2012–2018)
Philadelphia 76ers (2018–2019)
Los Angeles Clippers (2019)
Brooklyn Nets (2019–2020)
Zhejiang Lions (2020–presente)

Traxectoria profesional editar

O 28 de xuño de 2007, Chandler foi elixido na 23ª posición do Draft da NBA de 2007 polos New York Knicks. O 22 de febreiro de 2011, Chandler foi traspasado ós Denver Nuggets no traspaso que mandou a Carmelo Anthony ós Knicks.[1]

En agosto de 2011, debido ó lockout da NBA, Chandler asinou cos Zhejiang Guangsha Lions da Chinese Basketball Association. Tras a derrota dos Lions en playoffs, Chandler regresou ós Nuggets, asinando un contrato por 5 anos e 37 millóns de dólares.[2]

O 6 de xullo de 2018, Chandler foi traspasado ós Philadelphia 76ers xunto a unha futura elección da segunda rolda do Draft.[3]

O 6 de febreiro de 2019, Chandler foi traspasado xunto a Mike Muscala, Landry Shamet e unha futura elección do Draft ós Los Angeles Clippers, a cambio de Boban Marjanović, Mike Scott e Tobias Harris.[4]

O 8 de xullo de 2019, Chandler asinou un contrato dun ano cos Brooklyn Nets.[5]

Notas editar

  1. "Nuggets acquire five players, three picks in three-team trade". NBA.com. 2011-02-22. Consultado o 2011-02-23. 
  2. "Nuggets re-sign restricted free agent F Wilson Chandler". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 18 de marzo de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2012. 
  3. "Denver Nuggets Trade Wilson Chandler to Philadelphia 76ers". NBA.com. 6 de xullo de 2018. Consultado o 6 de xullo de 2018. 
  4. Harris traded to Sixers in multi-player deal with Clippers
  5. "Brooklyn Nets sign Wilson Chandler". NBA.com. 8 de xullo de 2019. Consultado o 9 de xullo de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar