Willie Hobbs Moore

física estadounidense

Willie Hobbs Moore, nada en Atlantic City (Nova Jersey) o 23 de maio de 1934 e finada en Ann Arbor (Míchigan) o 14 de marzo de 1994, foi unha física e enxeñeira estadounidense. Foi a primeira muller afroamericana que obtivo un doutoramento en física.[1]

Infotaula de personaWillie Hobbs Moore
Biografía
Nacemento23 de maio de 1934 Editar o valor em Wikidata
Atlantic City, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte14 de marzo de 1994
Ann Arbor, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Míchigan - Doutor en filosofía Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica, enxeñaría e enxeñaría eléctrica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísica , enxeñeira , científica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorFord Motor Company Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Moore trasladouse a Ann Arbor (Míchigan) en 1952 para asistir á Universidade de Míchigan. Obtivo unha licenciatura en enxeñaría eléctrica na Universidade de Míchigan en 1958 e unha mestría en 1961.[2] Mentres cursaba o seu doutoramento, tamén ocupou cargos en empresas de tecnoloxía en Ann Arbor, como KMS Industries e Datamax Corporation.[3] Tamén ocupou postos de enxeñaría en Bendix Aerospace Systems, Barnes Engineering e Sensor Dynamics, onde foi responsable da análise teórica.[4] Moore completou a súa tese, A Vibrational Analysis of Secondary Chlorides, baixo a supervisión de Samuel Krimm na Universidade de Míchigan en 1972.[5] Este traballo foi aplicable a cuestións importantes no estudo vibracional de macromoléculas.

Despois de recibir o seu doutoramento, Moore traballou na Universidade de Míchigan como científica investigadora ata 1977, continuando o traballo espectroscópico sobre as proteínas. No cinco anos seguintes á súa tese, publicou máis de trinta artigos con Krimm e colaboradores.[5] Foi contratada pola Ford Motor Company en 1977 como enxeñeira de montaxe.[6] Moore ampliou o uso de métodos de enxeñaría e fabricación xaponeses por parte de Ford nos anos 80.[7][8] En 1991, a revista Ebony nomeou a Moore como unha das súas 100 "mulleres negras máis prometedoras da América corporativa".[3] A Universidade de Míchigan estableceu o premio Willie Hobbs Moore na súa honra.[9]

Notas editar

  1. Mickens, Ronald E. (2002). Edward Bouchet: The First African-American Doctorate (en inglés). World Scientific. ISBN 978-981-02-4909-0. 
  2. "Famous female scientists: A timeline of pioneering women in science". The Star Garden (en inglés). 2013-05-12. Consultado o 2020-04-09. 
  3. 3,0 3,1 "Scholar, Tutor, Pioneering Black Woman Dies. Ann Arbor District Library". aadl.org. Consultado o 2020-04-09. 
  4. Willie Hobbs Moore, first African American Woman Physicist
  5. 5,0 5,1 "APS -APS March Meeting 2011 - Event - Willie Hobbs Moore (1934-1994): The First Female African American Physicist". Bulletin of the American Physical Society (American Physical Society). Volume 56, Number 1. 
  6. ""Engineering Their Way to the Top"" XL. 
  7. "Deaths". Toledo Blade. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 17 febreiro 2015. 
  8. "Pair of pioneers lauded". University of Michigan, The University Record Online. 
  9. "Willie Hobbs Moore" (en inglés). 2017-05-23. doi:10.1063/PT.6.6.20170523a. 

Véxase tamén editar

Outras páxinas editar

Ligazóns externas editar