William Salice, nado en Casei Gerola, Lombardía18 de xullo de 1933 e finado en Pavia, Lombardía o 29 de decembro de 2016, foi un empresario italiano.[1] Foi empregado en Ferrero SpA, onde foi recoñecido como o inventor dos ovos Kinder Sorpresa.[1]

Infotaula de personaWilliam Salice
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1933
Casei Gerola, Italia
Morte29 de decembro de 2016 (83 anos)
Pavia, Italia
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Ictus Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaLombardía Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItaliana
Actividade
OcupaciónEmpresario
EmpregadorFerrero (pt) Traducir (1960–2007) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a traballar en Ferrero en 1960, e finalmente converteuse nun estreito colaborador do dono da empresa, Michele Ferrero.[2][3]

Ideou o concepto dos ovos Kinder Sorpresa a finais dos anos 1960, mentres investigaba usos alternativos para os moldes de ovos de pascua de chocolate do fabricante, que estaban sen usar a maior parte do ano.[2][4] A pesar disto, insistiu en referirse a Michele Ferrero como o inventor, afirmando ser, simplemente, o «executor material» da idea.[1][2] Os ovos Kinder foron comercializados por primeira vez en 1974.[4]

Tamén xogou un papel na creación doutros diversos produtos de Ferrero, tales como os Ferrero Rocher e Pocket Coffee.[2]

Despois da súa xubilación en 2007, cofundou Cor Your Life Foundation, xunto ao empresario italiano Enrico Gasperini.[5] A fundación ofrece cursos gratuítos para mozos emprendedores.[6]

Morreu o 29 de decembro de 2016, na cidade de Pavia, despois de sufrir un accidente cerebrovascular. Tiña 83 anos.[1][2][3][4]

Notas editar