William Le Baron Jenney

arquitecto estadounidense

William LeBaron Jenney, nado en Fairhaven, Massachusetts o 25 de setembro de 1832 e finado nos Ánxeles o 14 de xuño de 1907, foi un arquitecto e enxeñeiro estadounidense, coñecido por construír en 1884 o primeiro rañaceos e que foi chamado o "Pai dos rañaceos estadounidenses".

Infotaula de personaWilliam Le Baron Jenney

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1832 Editar o valor em Wikidata
Condado de Bristol, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xuño de 1907 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Graceland Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónÉcole Centrale de Paris (pt) Traducir
Phillips Academy
Universidade Harvard
Harvard School of Engineering and Applied Sciences (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Chicago
Riverside, California Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarquitecto , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1867 Editar o valor em Wikidata - 1907 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Míchigan Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

WikiTree: Jenney-493 Find a Grave: 75640481 Editar o valor em Wikidata

En 1998, Jenney foi listado no posto 89 do libro 1,000 Years, 1,000 People: Ranking the Men and Women Who Shaped the Millennium.

Traxectoria editar

Jenney naceu en Massachusetts, fillo de William Proctor Jenney e Eliza LeBaron Gibbs. Jenney comezou a súa educación formla no Phillips Academy, Andover, en 1846, e na escola científica Lawrence de Harvard en 1853, mais pasou á École Centrale des Arts et Manufactures (École Centrale Paris) para estudar enxeñaría e arquitectura.[1]

 
Home Insurance Building de Chicago construído en 1885

En devandita escola aprendeu as últimas técnicas construtivas con ferro, así como a doutrina funcionalista clásica de Jean-Nicolas-Louis Durand (1760-1834), profesor de arquitectura na École Polytechnique.[1] Graduouse en 1856, un anos despois que o seu compañeiro de clase Gustave Eiffel.[7]

En 1861, volveu aos Estados Unidos para unirse ao Exército da Unión como enxeñeiro durante a Guerra de Secesión, deseñando fortificacións para os xenerais Sherman e Grant. Para o final da guerra convertérase en maior e era o enxeñeiro responsable dos cuarteis da unión en Nashville.[1] Despois da guerra, en 1867, mudouse a Chicago e creou o seu propio despacho profesional, especializado en edificios comerciais e planeamento urbano.

A finais da década de 1870, desprazábase semanalmente a Ann Arbor, Míchigan para iniciar e dar clase no programa de arquitectura da Universidade de Chicago. En anos posteriores, líderes da futura Escola de Chicago (arquitectura)Escola de Chicago como Louis Sullivan, Daniel Burnham, William Holabird e Martin Roche, comezaron a súa aprendizaxe de arquitectura no equipo de Jenney.[1] O 8 de maio de 1867, Jenney e Elizabeth "Lizzie" Hannah Cobb, de Cleveland, casaron.[7] Tiveron dous fillos chamados Max e Francis.[7]

 
Residencia de Chicago deseñada para Walter Cass Newberry, 1889[2]

Jenney foi escollido como asociado do American Institute of Architects en 1872, e converteuse en membro en 1885. Serviu como vicepresidente da organización entre 1898 e 1899.[4] En Chicago deseñou o Ludington Building e o Manhattan building, ambos os dous construído en 1891 e declarados Paisaxe Histórico Nacional. Tamén deseñou o Pavillón da Horticultura da Exposición Colombiana Mundial (1893) que se celebrou en Chicago.

Chegada do rañaceos de marco de aceiro editar

Jenney é máis coñecido por deseñar o Home Insurance Building de Chicago, de dez andares. O edificio foi o primeiro construído completamente con marcos metálicos e está considerado o primeiro rañaceos. Foi construído entre 1884 e 1885, ampliado en 1891 e demolido en 1931.[3] No seu deseño, empregou columnas e trabes de metal en lugar das de pedra e ladrillo para sustentar os niveis superiores do edificio.

 
Leiter II Building, South State & East Congress Streets, Chicago

O aceiro necesario para soster o Home Insurance Building pesaba só un terzo como moito do edificio, construído de cachotaría pesada.[3] Empregando este método, o peso do edificio reducíase, permitindo así a construción de estruturas aínda máis altas. Máis adiante, resolveu o problema da construción a proba de lume para edificios altos usando cachotaría, ferro e chans e particións de terracota. Entre 1889 e 1891, exhibiu o seu sistema na construción do Second Leiter Building, tamén en Chicago.

Segundo a historia popular, un día chegou cedo á casa e sorprendeu a súa esposa lendo. Ela pousou o seu libro sobre unha gaiola de paxaro e correu ao seu encontro. El deu varias alancadas a través do cuarto, levantou o libro e deixouno caer sobre a gaiola outras tres veces. Entón exclamou: "Funciona! Funciona! Non o ves? Se esta pequena gaiola pode sustentar este pesado libro, por que non pode unha gaiola de ferro ou aceiro ser o armazón dun edificio enteiro?".[3] Jenney aplicou esta nova idea na construción do Home Insurance Building, na esquina de LaSalle e Monroe Streets. Outras fontes citan como inspiración dos rañaceos de aceiro a arquitectura vernácula filipina, coas súas construcións con armazóns de madeira que darían a Jenney a idea.[4] O Home Insurance Building foi o primeiro exemplo de edificio con esqueleto de aceiro, a primeira rede de columnas, trabes e viguetas de ferro construída.

Legado editar

Faleceu nos Ánxeles, California, o 15 de xuño de 1907. Trala súa morte, as súas cinzas foron esparexidas sobre a tumba da súa esposa, xusto ao sur da sección do Silencio Eterno no Uptown's Graceland Cemetery.[5]

En 1998, Jenney foi listado no número 89 no libro 1,000 Years, 1,000 People: Ranking the Men and Women Who Shaped the Millennium.[7]

Proxectos editar

 
Edificio da Horticultura na World's Columbian Exposition

Notas editar

  1. "William Le Baron Jenney. Biography of American Skyscraper Architect, Chicago School". Consultado o 12 de novembro de 2021. 
  2. "Architecture and Building" XII (1). 4 de xaneiro de 1890: 5–6. 
  3. En inglés: "It works! It works! Don’t you see? If this little cage can hold this heavy book, why can’t an iron or steel cage be the framework for a whole building?"
  4. Condit C., The Chicago School of Architecture. A History of Commercial and Public Building, Chicago, The University of Chicago Press, 1964, Chapter 4, "Jenney and the New Structural Technique," p. 81.
  5. Cartwright, Carol Lohry (2001). "National Register of Historic Places Registration: Main Street Historic District (Lake Geneva)". National Park Service. Consultado o 6 de abril de 2018. 

Referencias

  1. ^ Haden, Erik. "William LeBaron Jenney". Structural Engineers Association of Texas. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2005. Consultado o 17 de decembro de 2005. 
  2. ^ "Home Insurance Building". PBS Big Building Databank. Consultado o 17 de decembro de 2005. 
  3. ^ "Graceland Cemetery". Graveyards of Chicago. Consultado o 17 de decembro de 2005. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar