William Kennedy Dickson

William Kennedy Laurie Dickson (Francia, 1860Londres, 1935), director cinematográfico, fotógrafo e enxeñeiro anglo-francés.

Infotaula de personaWilliam Kennedy Dickson

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1860 Editar o valor em Wikidata
Le Minihic-sur-Rance (Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte28 de setembro de 1935 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Twickenham, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaInglaterra (valor descoñecido–1879)
Inglaterra (década de 1910–1935)
Estados Unidos de América (1879–1911)
Francia (1860–valor descoñecido) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido
Estados Unidos de América
Francia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninventor , fotógrafo , enxeñeiro , cámara , realizador , actor , produtor de cinema , director de fotografía , director de cinema , guionista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1890 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoCine Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteLight Cone (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAntonia Dickson Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0005690 Allocine: 17132 Rottentomatoes: celebrity/wkl_dickson WikiTree: Dickson-3949 Editar o valor em Wikidata

Creceu en Inglaterra pero, en canto alcanzou a madurez, viaxou aos Estados Unidos para buscar fortuna coa compañía de Thomas Edison.

Dickson era un fotógrafo afeccionado e seguira o traballo de varios pioneiros na procura do que logo habería de ser o cine. Durante o seu emprego no laboratorio de Thomas Alva Edison, en Menlo Park, Dickson tivo a oportunidade de investigar os xeitos de rexistrar o movemento na película fotográfica, inspirándose ao principio, en métodos similares á forma en que o fonógrafo de Edison gravaba o son. Os primeiros esforzos involucraron un tambor que viraba iluminado por unha luz estroboscópica.

Foi capaz, en 1890, de crear unha cámara e un visor que utilizaban tiras longas de película para capturar o movemento en marcos individuais. En 1891, Edison arquivou unha patente para o invento, que recibiu o nome de kinetoscopio.

A mediados da década de 1890, os salóns con kinetoscopios volvéronse un entretemento popular mediante o cal os norteamericanos coñeceron por primeira vez as películas con movemento. Dickson empezou traballando nun proxector para que puidesen despregarse as películas ao mesmo tempo para grandes grupos.

Logo de separarse de Edison, fundou a súa propia compañía e creou unha cámara xunto co sistema proxector. A compañía, denominada American Mutoscope and Biograph Company, lanzou as súas propias películas e no futuro converteuse nun dos máis grandes estudos de cine do seu tempo.

Dickson volveu a Londres en 1897 e, logo de viaxar e rodar películas durante varios anos, abandonou a industria cinematográfica para converterse en enxeñeiro eléctrico. Considerado un dos pais do cine, faleceu en 1935.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar