Willemstad é a capital de Curaçao, unha illa no sur do mar Caribe que forma un país constituínte do Reino dos Países Baixos. Antigamente era a capital das Antillas Neerlandesas antes da súa disolución en 2010, ten unha poboación estimada de 150.000 habitantes. Willemstad é o fogar da sinagoga de Curaçao, a sinagoga máis antiga das Américas. O centro histórico da cidade componse de catro partes: Punda e Otrobanda, que están separadas pola Baía de Santa Ana, unha entrada que conduce ao gran porto natural chamado Schottegat, así como os barrios de Scharloo e Pietermaai Smal, que están un fronte ao outro no pequeno porto de Waaigat. O centro da cidade, coa súa singular arquitectura e a entrada do porto, foi declarada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Modelo:Xeografía políticaWillemstad
Imaxe

Nomeado en referencia aGuillerme II de Orange-Nassau Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 12°06′29″N 68°56′06″O / 12.108, -68.935Coordenadas: 12°06′29″N 68°56′06″O / 12.108, -68.935
EstadoReino dos Países Baixos
PaísCuraçao Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación150.000 (2015) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude37 m Editar o valor em Wikidata
Creación1634 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Zona histórica de Willemstad, centro da cidade e porto, Antillas Neerlandesas
Porto de Willemstad.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísPaíses Baixos Países Baixos
TipoCultural
CriteriosII, IV, V
Inscrición1997 (21ª sesión)
Rexión da UNESCOLatino América e o Caribe
Identificador819

Historia editar

Punda fundouse en 1634, cando os holandeses arrebataron a illa a España. O nome orixinal de Punda era de punt en holandés. Otrobanda, fundouse en 1707, é a parte máis nova da cidade e é considerado como o centro cultural de Willemstad. O seu nome provén de "otro banda" en papiamento que significa outra banda.

A sinagoga de Curaçao foi construída por xudeus de España e Portugal vidos de Ámsterdam e Recife, Brasil.

Economía editar

Aviación editar

Insel Air, a aeroliña nacional de Curaçao, ten a súa sede corporativa en Maduro Plaza.[1]

Turismo editar

 
Fort Amsterdam vista desde o mar
 
Penha Building, construída en 1708

O Turismo é unha industria importante e a cidade ten varios casinos. O centro da cidade de Willemstad ten un arsenal de arquitectura colonial que está influenciado por estilos holandeses. Tamén leváronse a cabo investigacións arqueolóxicas.[2]

Industria editar

Debido á súa localización preto dos campos petrolíferos de Venezuela, a súa estabilidade política e o seu porto natural de augas profundas, Willemstad converteuse na base dun importante porto e refinaría. O porto de Willemstad é o maior porto de manipulación de petróleo no Caribe. A refinaría, no seu momento a máis grande no mundo, foi construída e era propiedade de Royal Dutch Shell en 1915.[3] Vendeuse ao goberno de Curaçao pola suma simbólica dun Florín en 1985[4] e agora esta alugada a PDVSA, a petroleira de propiedade estatal de Venezuela.

Servizos financeiros editar

Numerosas institucións financeiras instaláronse en Willemstad debido ás políticas fiscais favorables de Curaçao.

Infraestrutura editar

 
Ponte Queen Emma

Aeroporto editar

Willemstad é servida polo Aeroporto Internacional Hato.

Pontes editar

Punda e Otrobanda están conectados pola Ponte da Raíña Emma, unha longa ponte de pontóns. Aínda que está en uso, a maioría do tráfico por estrada utiliza a Ponte da Raíña Xuliana construída en 1967 (reconstruída 1974), que franquea a baía máis ao interior. Moi preto atópase tamén a Ponte da raíña Guillermina unha ponte levadiza que non funciona.

Xeografía editar

Clima editar

Willemstad ten un clima tropical.

Datos climáticos para Willemstad (Aeroporto Hato)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 32,8 33,2 33,0 34,7 35,8 37,5 35,0 37,7 38,3 36,0 35,6 33,3 38,3
Media máxima en °C 29,7 30,0 30,5 31,1 31,6 32,0 31,9 32,4 32,6 31,9 31,1 30,1 31,2
Media diaria en °C 26,5 26,6 27,1 27,6 28,2 28,5 28,4 28,7 28,9 28,5 28,0 27,1 27,8
Media mínima en °C 24,3 24,4 24,8 25,5 26,3 26,4 26,1 26,3 26,5 26,2 25,6 24,8 25,6
Temperatura mínima en °C 20,3 20,6 21,0 22,0 21,6 22,6 22,4 21,3 21,7 21,9 22,2 21,1 20,3
Chuvia media mm 44,7 25,5 14,2 19,6 19,6 19,3 40,2 41,5 48,6 83,7 96,7 99,8 553,4
Media de días con chuvia (≥ 1.0 mm) 8,6 5,3 2,8 2,8 2,0 3,0 6,4 5,1 4,6 7,4 9,9 11,5 70,4
Humidade relativa media (%) 77,4 76,7 76,1 77,2 77,2 77,1 77,8 77,3 77,5 79,0 79,6 78,9 77,7
Media de horas de sol mensuais 261,4 247,7 270,8 246,3 258,4 267,0 287,5 295,7 257,9 245,5 236,3 240,8 3 114,9
[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. "General conditions Arquivado 24 de abril de 2015 en Wayback Machine." () Insel Air. Retrieved on 21 March 2014. "Our Registered Address is Dokweg 19, Maduro Plaza, Willemstad, Curaçao, Netherlands Antilles."
  2. "Willemstad : a road to a methodical way of conducting archaeological research for Curaçao by Amy Victorina". Manioc.org. 2011-07-25. Consultado o 2012-06-16. 
  3. "Curaçao Investment Corp page describing the refinery". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o April 2008. 
  4. "Refinery deal in Curaçao". New York Times. 1985-09-26. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar