Wikivoyage

guía turística libre

Wikivoyage é unha guía turística libre en Internet baseada na tecnoloxía wiki. Foi fundada en setembro do ano 2006 por autores alemáns de Wikitravel desconformes coas políticas dos donos do devandito sitio. Converteuse no wiki co tema viaxes máis popular en Alemaña, con máis de 8000 artigos, e en decembro do 2007 lanzouse a versión en italiano, que actualmente rolda os 1600 artigos. A mediados do 2012 a maior parte da comunidade en inglés de Wikitravel, incluíndo a maioría dos administradores, e a maioría da comunidade Wikivoyage buscou solucións para reunir as comunidades Wikitravel e Wikivoyage baixo un proxecto non comercial novo. Puxéronse en contacto coa Fundación Wikimedia para coñecer o seu interese en aloxar o proxecto, e destes contactos naceu unha proposta de guía de viaxes que foi aprobada pola WMF en outubro de 2012. Movéronse as páxinas ós servidores da WMF en decembro de 2012 e está programado o seu lanzamento oficial o 15 de xaneiro de 2013.

Logo do proxecto.

O nome provén de wiki, pola tecnoloxía usada, e voyage, o que en francés significa viaxe.

Historia editar

Wikivoyage está baseado no wiki turístico Wikitravel. En 2006, o dominio wikitravel.org, orixinalmente un sitio privado, foi vendido á empresa Internet Brands. A escasa transparencia desta decisión e a desconformidade coa política dos anteriores donos de Wikitravel levaron a que un grupo de autores alemáns crearan un fork (copia) da versión de Wikitravel en alemán en setembro de 2006. Isto foi posible xa que Wikitravel atopábase baixo unha licenza de copyleft de Creative Commons (CC Attribution ShareAlike 1.0), que permite un uso libre dos textos, se se mencionan os autores e se manteñen os textos baixo unha licenza compatible. A maioría dos autores de Wikitravel Alemaña pasaron ó novo proxecto, e pronto o novo sitio tivo máis artigos que o orixinal.

Organización editar

A diferenza de Wikitravel que é manexado por unha empresa con fins comerciais, o dono de Wikivoyage é unha asociación sen fins de lucro, Wikivoyage e. V., cuxa sede é a cidade alemá de Ache. A asociación toma soamente as decisións sobre as políticas básicas do sitio, o resto é regulado pola comunidade dos autores.

O software utilizado é MediaWiki.

Idiomas editar

Orixinalmente Wikivoyage existiu soamente en idioma alemán, pero pronto se decidiu contemplar a posibilidade de crear versións noutros idiomas. Para tal fin, deben existir polo menos tres persoas con coñecementos profundos nun idioma que estarán de acordo en ocupar un cargo de administrador; ademais debe haber un grupo estable de polo menos cinco usuarios activos que apoien a creación dunha nova versión.

En decembro de 2007 creouse a versión en italiano, a segunda en alcanzar os requisitos. Até o mes de novembro de 2012 existen sete versións de Wikivoyages como en inglés, ruso, alemán, francés, holandés, italiano e sueco.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar