Wikipedia en vietnamita

edición da Wikipedia en lingua vietnamita

A Wikipedia en vietnamita (en vietnamita: Wikipedia tiếng Việt) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua vietnamita. Creada en novembro de 2002, é a décimo segunda meirande versión de Wikipedia segundo o número de artigos. O seu rival máis important é o Dicionario Enciclopédico de Vietnam (Từ điển Bách khoa toàn thư Việt Nam), un dicionario enciclopédico financiado polo estado que tamén está dispoñíbel en liña.

Wikipedia en vietnamita
Logo da Wikipedia en vietnamita.
Portada da Wikipedia en vietnamita.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasVietnamita
LicenzaLicenza de documentación libre de GNU
PropietarioWikimedia Foundation
LanzamentoNovembro de 2002
Na rede
https://vi.wikipedia.org/

En xaneiro de 2016, tiña arredor de 1 142 000 artigos.[1][2] Nesa época, tiña uns 375 000 artigos creados por humanos, sendo creados por bots o 67% dos seus artigos.[3]

Esta versión da enciclopedia contén 1.292.176 artigos e 948.740 usuarios, dos cales 1.602 son activos.[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar