Wikipedia en santali

edición da Wikipedia en lingua santali

A Wikipedia en santali (en santali: ᱥᱟᱱᱛᱟᱲᱤ ᱣᱤᱠᱤᱯᱤᱰᱤᱭᱟ) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua santali. Foi creada o 2 de agosto de 2018.[1] A lingua santali ten o seu propio alfabeto, ol chiki, o cal é usado nesta Wikipedia.[1][2] Santali é unha lingua da subfamilia munda das linguas austroasiáticas, falada por preto de 7,4 millóns de persoas en Bangladesh, a India, Bután e o Nepal.

Wikipedia en santali
Logo da Wikipedia en santali.
Portada da Wikipedia en santali.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasSantali
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamento2 de agosto de 2018
Na rede
https://sat.wikipedia.org/

Esta versión da enciclopedia contén 11.065 artigos e 7.868 usuarios, dos cales 28 son activos.[3]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 উইকিপিডিয়ায় সাঁওতালি ভাষা - banglatribune.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2019. Consultado o 07 de outubro de 2021. 
  2. Team, Samakal Online. উইকিপিডিয়ায় সাঁওতালি ভাষা. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2018. Consultado o 07 de outubro de 2021. 
  3. All Wikipedias ordered by number of articles

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar