Wikipedia:Trebellos

Trebellos

Atallo:
WP:TR

Os Trebellos son extensións JavaScript e CSS que calquera usuario rexistrado pode activar nas súas preferencias de usuario. Estes trebellos están deseñados para simplificar, facer máis eficiente ou proporcionar funcionalidades adicionais para os wikipedistas.

Navegación editar

Edición editar

  • HotCat: Engade, elimina ou cambia a categoría dunha páxina dun xeito doado.
  • wikEd: Un editor con funcións avanzadas (incompatible con Internet Explorer e Opera; incompatible con Syntax highlighter).
  • Syntax highlighter: Resalta a sintaxe especial wiki na caixa de edición (incompatible con Internet Explorer; incompatible con WikiEd).
  • refTools: Engade o botón "Citar" na barra de ferramentas de edición para a adición rápida e fácil dos modelos de citas máis comúns.
  • CharInsert: Engade unha barra de ferramentas baixo a ventá de edición para inserir rapidamente formatos e caracteres especiais.

Aparencia editar

  • Reloxo UTC: Engade un reloxo na barra de ferramentas persoal que mostra a hora actual en formato UTC, xunto cunha ligazón para purgar a páxina.
  • Reloxo coa hora local: Engade un reloxo na barra de ferramentas persoal que mostra a hora local do ordenador do usuario, xunto cunha ligazón para purgar a páxina.
  • Mostrar os historiais e mais todas as páxinas especiais como unha lista numerada.
  • Purgetab: Engade unha ligazón na cabeceira da páxina para purgar a caché e refrescar o contido da páxina.
  • Sen Liberdade de Panorama: Oculta todas as imaxes dos artigos para simular o que pasaría se a UE eliminara a Liberdade de Panorama.
  • Xustificar os parágrafos.