Wikipedia:Preguntas máis frecuentes/Lectores


Frecha. Volver á páxina de axuda.

Preguntas máis frecuentes dos lectores

Como se fan as procuras na Wikipedia? editar

Debería haber unha pequena caixa de procuras no recuncho superior dereito da pantalla, coa palabra "Procurar" en gris. Escribe o que desexes buscar nesa caixa e preme a tecla Intro.
Véxase Axuda:Procurar para obter máis detalles.
Tamén podes empregar o Google para procurar na Wikipedia desde esta ligazón. Ás veces, poida que os índices do Google estean desactualizados, e non inclúan as últimas edicións feitas.
Algúns navegadores permiten buscar na Wikipedia mediante a súa barra de enderezos, por exemplo Konqueror, Mozilla Firefox, Internet Explorer, Google Chrome...
A medida que vaias escribindo na caixa de procuras, aparecerán algunhas suxestións. Isto pódeo facer tanto a Wikipedia como o propio navegador. Por defecto, a Wikipedia dará unha lista de suxestións baseada no texto inserido. Para desactivar isto debes ter unha conta e acceder ao sistema. Vai a Especial:Preferencias, selecciona a lapela "Opcións de procura", marca a caixa "Deshabilitar as suxestións AJAX" e preme sobre o botón "Gardar" ao final da páxina.
As suxestións AJAX poden desactivarse temporalmente se os servidores experimentan problemas de rendemento.

Cal é o acordo de licenza dos contidos da Wikipedia? editar

Todos os artigos da Wikipedia son de contido libre e atópanse baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 Unported (CC-BY-SA) e mais a licenza de documentación libre de GNU (GFDL).
Véxase Wikipedia:Dereitos de autoría para obter máis detalles.

Podo copiar seccións enteiras da Wikipedia no meu sitio? Canto podo citar? editar

Podes copiar ou citar todo canto queiras, sempre que manteñas o texto baixo as licenzas CC-BY-SA ou GFDL.
Véxase Wikipedia:Dereitos de autoría para obter máis detalles.

Se ligo unha palabra desde o meu sitio cara á Wikipedia, estou obrigado a usar a licenza GFDL no meu sitio? editar

Non. Incluír ligazóns non é un acto regulado polas leis de dereitos de autor, de modo que as licenzas CC-BY-SA e GFDL non se aplican.

Que pasa se tomo unha pequena cita (tres ou catro frases)? editar

Non, xa que se atopa baixo a doutrina de uso lexítimo.

Que pasa se cito artigos enteiros? editar

Simplemente pon o teu sitio baixo a licenza CC-BY-SA ou GFDL.

Como cito un artigo da Wikipedia nalgunha publicación en papel? editar

Cítao como faría calquera outra páxina web de acordo coa práctica de citas normal que siga a publicación. Non é necesario citar os autores individuais, pero deberías incluír como mínimo a data na que visitaches o artigo (o ideal é dar a data e hora ao completo presentes no historial).
Hai dispoñibles citas xeradas automaticamente en diferentes estilos estándar a través da páxina especial Especial:Cita.

Por que os fondos dalgunhas páxinas son dunhas cores e outros son brancos? editar

Nota: Esta resposta depende da aparencia que uses para navegar. Tes máis información sobre elas en mw:Manual:Skins e sobre as preferencias en mw:Help:Preferences.
As páxinas de artigos da enciclopedia (presentes no espazo de nomes principal) teñen o fondo branco, mentres que as páxinas especiais, páxinas de conversa, páxinas de usuario e do espazo de nomes do proxecto poden ter diferentes cores de fondo. O propósito é diferenciar visualmente as páxinas da enciclopedia das que non o son.

Que debo facer cando dou cun erro factual na Wikipedia? editar

Debes corrixilo. A Wikipedia está escrita por voluntarios que cren no coñecemento libre para todos, e a comunidade está sempre preparada para dar a benvida aos novos.
Dada a natureza colaborativa do proxecto, este pode conter erros ou omisións. Isto é algo que cómpre ter claro ao lelo; o seu sistema onde calquera pode contribuír significa que non se debe confiar nel por completo. O máis habitual é que os artigos conteñan citas de obras fiables nas que o lector pode verificar a información escrita na Wikipedia.